Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión do 30 de setembro de 1999, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición (promoción interna) dun posto vacante da escala da Administración especial, subescala servicios especiais, denominación oficial de servicios.

No BOP, nº 249, do 29 de outubro de 1999, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 9 de novembro de 1999.

P.D. (Resolución alcaldía 13-7-1999,

BOP do 6-8-1999 e 18-8-1999)

Mª Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá