Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 30 de setembro de 1999, aprobou definitivamente a modificación do plan especial de acondicionamento e ordenación para usos universitarios do antigo hospital de Esteiro (PE-5), de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

O Concello Pleno en sesión celebrada o 27 de maio de 1999 aprobou inicialmente a modificación del plan especial de acondicionamento e ordenación para usos universitarios do antigo hospital de Esteiro (PE-5). No Diario Oficial de Galicia do 4 de agosto de 1999, no Diario de Ferrol do 9 de xuño e no taboleiro de edictos do concello desde o 7 de xuño ata o 13 de setembro, publicouse o anuncio de aprobación inicial someténdose a información pública polo prazo dun mes. Cumpridos os trámites de información pública e dado que non se presentou reclamación ningunha, segundo consta no certificado do rexistro xeral, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión celebrada o 16 de setembro de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou propoñer ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a modificación do plan especial de acondicionamento e ordenación para usos universitarios do antigo hospital de Esteiro (PE-5) e proceder ás

publicacións regulamentarias.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 29 de outubro de 1999.

Xaime Bello Costa

Alcalde