Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

Con data do 29-10-1999, foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de saneamento en Vilar de Covelos, A Rábea, Penalonga, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, para que poidan presentarse as reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP o no DOG.

Así mesmo anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 10.000.000 de ptas.

Fianza provisional: 200.000 ptas.

Fianza definitiva: 400.000 ptas.

Proposición: presentaranse no rexistro de entrada do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte (agás sábados), a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas.

Información: Concello dos Blancos. Teléfono: 988 46 75 06. Fax: 988 46 75 98.

Os Blancos, 2 de novembro de 1999.

José Juan Puga Quintas

Alcalde-presidente