Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de novembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio de catro bateas de cultivo de mexillón denominadas Dima I, B. Paz número 12, B. Paz número 7 e Maca a favor de Suárez Torrado, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novem

bro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Dima I.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal G, cuadrícula 12.

Data da concesión: 9-3-1981.

Data do remate da última prórroga: 25-4-2001.

Denominación da batea: B. Paz nº 12.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 175.

Data da concesión: 10-1-1968.

Data do remate da última prórroga: 22-1-2008.

Denominación da batea: B. Paz nº 7.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 62.

Data da concesión: 10-1-1968.

Data do remate da última prórroga: 22-1-2008.

Denominación da batea: Maca.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 28.

Data da concesión: 10-5-1972.

Data do remate da última prórroga: 6-6-2002.

Anterior concesionario: José Manuel Suárez Torrado (76.486.729) e Mª Josefa Lojo Nine (76.507.167).

Novo titular das concesións e bateas: Suárez Torrado, S.L. (B-15.422.132).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicions legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña