Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de novembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Riazor I a favor de Ostras de Ares, S.A.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta

que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, procla

mando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Riazor I.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Sada 1, cuadrícula 31.

Data da concesión: 17-10-1973.

Data do remate da última prórroga: 8-11-2003.

Anterior concesionario: Francisco Aurelio López Saavedra (76.391.976) y Mª Celsa Formoso Martínez (32.603.763).

Novo titular da concesión e batea: Ostras de Ares, S.A. (A-15.038.961).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicions legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña