Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco), e os novos estatutos, consistindo a dita modificación na ampliación do ámbito territorial á Comunidade Autónoma de Galicia, deixando polo tanto de circunscribirse á provincia de Pontevedra, como ata o de agora.

Territorial: autonómico.

Profesional: venda e fornecemento de materiais para a construcción.

Asinan a acta de constitución: Fernando Alonso Vila e Pedro Prado Davila.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 23 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra