Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.812

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ás categorías 3 (auxiliar de clínica e outros) e 4 (auxiliar coidador e outros) do grupo IV (lista A e B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e á vista das solicitudes presentadas para as categorías 3 (auxiliar de clínica e outros) e 4 (auxiliar coidador e outros) do grupo IV (listas A e B), e unha vez elaborados pola Comisión Permanente de Selección as listaxes provisionais na súa sesión do día 30 de novembro de 1999, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter temporal, de postos

de traballo reservados a persoal laboral correspondentes ás categorías 3 (auxiliar de clínica e outros) e 4 (auxiliar coidador e outros) do grupo IV (listas A e B), da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Tódolos solicitantes da lista A que figuren sinalados cun asterisco (*) deberán presenta-la titulación académica e/ou requisitos requiridos para o acceso á categoría respectiva.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os solicitantes admitidos (lista A) que figuran cun asterisco (*) teñen a consideración de admitidos con carácter provisional debendo enviar, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, á comisión Permanente de Selección de Persoal o xustificante da titulación académica e/ou requisitos requiridos para o acceso á categoría respectiva. No caso de que non o presenten no prazo establecido, quedarán excluídos das listas.

Cuarto.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia para a reparación de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, e se é o caso, levaranse a efecto as reparacións procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Quinto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listaxes provisionais, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

-Grupo IV: 6.265 ptas.

Os que non o fixeran no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Estará exento do aboamento das taxas por dereito de inscrición na categoría correspondente ós que foran admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública