Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.813

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Xunta de Galicia (grupo B), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro de 1998), sobre a publicación da puntuación definitiva da fase de concurso.

En sesión conxunta que tivo lugar o día 13 de decembro de 1999, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, á vista da inexistencia de alegacións formuladas á baremación provisional da fase de concurso, aprobada por resolución do tribunal mencionado do 5 de novembro de 1999 e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 216, do 9, acordou publica-la puntuación definitiva da fase de concurso, que é a que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os aspirantes que o consideren oportuno formular recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, corpo de xestión de Administración (promoción interna).

Fase de concurso. Listaxe definitiva de valoración de méritos.

Apelidos e nome: Cancela Alonso, Ana Mª.

DNI: 52.431.900.

Total: 5,010.

Apelidos e nome: Carro Rey, Xesús.

DNI: 33.248.541.

Total: 5,500.

Apelidos e nome: Constenla Patiño, Antonio.

DNI: 36.055.476.

Total: 2,860.