Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.807

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de novembro de 1999 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por Resolución do 29 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas (BOE do 3 de decembro), convocouse concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

En cumprimento do establecido no punto 3º do artigo 13, da Orde do 10 de agosto de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, esta consellería

DISPÓN:

Publica-las bases do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes de Adminis

tración local con habilitación de carácter nacional correspondentes ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Primeira.-Postos vacantes.

Teñen a consideración de postos vacantes para efectos deste concurso, e por tanto ofrécense nel (anexo I):

-Os postos que, estando vacantes o 10 de febreiro de 1999, non se incluíron na convocatoria anual de concurso ordinario, efectuada mediante Resolución do 23 de abril de 1999, desta dirección xeral (BOE do 13 de maio), así como os que, aínda que foron convocados, non foron adxudicados polas corporacións por causas imputables a estas.

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1999, nos que as respectivas corporacións acordaron a súa inclusión neste concurso unitario de acordo co previsto no parágrafo 2º do artigo 25 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

-Os postos que a data desta resolución se encontren vacantes e resulten afectados pola sentencia número 270, do 19 de febreiro de 1999, do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, no recurso contencioso-administrativo número 1944/96, interposto polo Consello Xeral Nacional de Colexios de Funcionarios de Habilitación Nacional, contra a Resolución do 22 de outubro de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convocaba concurso unitario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Non se ofrecen en cambio:

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1999, nos que as corporacións non acordaron a súa inclusión neste concurso unitario, xa que sendo esta a data límite para lles remitir ás comunidades autónomas as convocatorias do concurso ordinario de 1999, con ela expira a obrigatoriedade de ofrece-las vacantes no dito concurso, sendo obrigatorio só ofrecelas no seguinte concurso ordinario, é dicir, no de 2000.

-Os postos vacantes que, sendo convocados no concurso ordinario, non se adxudicaron por causas non imputables ás corporacións.

Segunda.-Participación.

1. Poderán tomar parte neste concurso os funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes ás subescalas a que se refire o artigo 20 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, podendo solicitar soamente os postos que, segundo a súa clasificación, correspondan ás subescalas e categorías a que pertencen.

Poderán participar así mesmo os funcionarios non integrados nas ditas subescalas e categorías, pertencentes ós extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios de Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de Secretaría, categoría superior;

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de Secretaría, categoría de entrada;

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de Secretaría Intervención;

-Os secretarios de concellos «a extinguir», a secretarías de concellos con poboación que non exceda de 2.000 habitantes;

-Os interventores, a postos reservados á subescala de Intervención-Tesourería, categoría superior, pero unicamente a postos de Intervención e

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de Intervención-Tesourería, pero unicamente a postos de Tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se atopen en expectativa de nomeamento están obrigados a solicita-la totalidade de postos correspondentes a súa subescala e categoría. Tamén o están os que se atopen en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesaran na situación de servicios especiais e non tiveran reserva de praza, e os que promocionaran á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

Os funcionarios ós que se refire este punto, que non soliciten tódolos postos correspondentes á súa subescala e categoría, entenderase que renuncian a establecer orde de prelación respecto ós postos que non relacionen, en favor do Tribunal de Valoración, que poderá adxudicarlles, se é o caso, calquera deles.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorrese o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios na situación de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3º c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorrese o prazo de dous anos desde a declaración de excedencia.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se encontren nos supostos do artigo 20.1º f), da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de 15 días naturais a partir da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte neste concurso dirixirán á Subdirección Xeral de Mobilidade Profesional (Rexistro de entrada de documentos do Ministerio para as Administracións Públicas, r/ María de Molina, 50, 28071 Madrid), a seguinte documentación:

-Solicitude de participación con expresión individualizada de tódolos postos a que concursan e declaración xurada de non estaren incursos en ningunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. A especificación de postos solicitados farase por orde de prelación de adxudicacións, con carácter único para a totalidade de postos que se soliciten. A unicidade da orde de prelación manterase incluso no suposto de solicitar postos de varias subescalas e categorías se a pertenza do concursante a estas o permitise.

-Documentación acreditativa do coñecemento da lingua propia e méritos de determinación autonómica nos termos e para os postos situados en comunidades autónomas que os estableceran, de acordo co especificado na base quinta.

2. Se se solicitasen exclusivamente postos do País Vasco, a documentación dirixirase á Comunidade Autónoma, (Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Administración Local, Duque de Wellington, 2, 01010 Vitoria-Gasteiz).

3. A documentación indicada presentarase de acordo cos modelos que se xuntan no anexo II.

4. Os requisitos esixidos, así como os méritos alegados deberán reunirse á data desta resolución.

Cuarta.-Méritos xerais.

Os méritos xerais polos que se rexe este concurso son os comprendidos na resolución desta mesma data desta dirección xeral, pola que se dá publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais.

Quinta.-Coñecemento da lingua propia e méritos de determinación autonómica.

O coñecemento de lingua e méritos de determinación autonómica serán esixidos nos termos en que, para cada Comunidade Autónoma, se detallan a continuación:

I) Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 136/1997, do 5 de xuño).

1. Méritos polo coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Os méritos correspondentes ó coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia ós que, de conformidade co establecido no artigo 99.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, se atribúe o 10% da puntuación total posible nos concursos para a provisión de postos de traballo de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, son os seguintes:

Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia, que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Actividade docente: dirixida ó ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, urbanismo e réxime económico financeiro das entidades locais en cursos organizados pola EGAP ou en colaboración con esta.

Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e da normativa de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior, dentro da porcentaxe do 10% da puntuación total posible asignada para o coñecemento das especialidades autonómicas, que é de 3 puntos, é a seguinte:

Experiencia profesional: ata un 30% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Cursos de formación e perfeccionamento: ata un 50% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas, en función do nivel académico do curso.

Actividade docente: ata un 10% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Publicacións: ata un 10% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servicios prestados valoraranse da seguinte forma:

-Servicios prestados en postos de traballo do mesmo grupo ou superior de funcionarios que o corres

pondente á subescala á que se concursa: 0,02 puntos/mes.

-Servicios prestados en postos de traballo asignados ó grupo de funcionarios inmediatamente inferior á subescala á que se concursa: 0,01 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola EGAP ou, en colaboración con esta, polas universidades, centros de ensino superior ou outros órganos competentes en materia de formación e perfeccionamento dos funcionarios, sempre que sexan homologados pola EGAP, para efectos deste artigo.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola EGAP en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación nacional, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola EGAP indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos nos que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación de carácter nacional, da forma seguinte:

-Cursos con certificado de asistencia: 0,10 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de ata 40 horas: 0,20 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de máis de 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Máximo: 1,5 puntos.

Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose xornadas, seminarios, simposios ou similares.

Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos polos tribunais.

O tribunal de valoración do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas neste decreto.

Sexta.-Tribunal de valoración.

1. O tribunal de valoración deste concurso será o seguinte:

Presidente titular: Ana Mª García Fernández.

Presidente suplente: Sonia Ramos Piñeiro.

Vocais titulares:

Francisco M. Macías Benítez.

Victoria Rodríguez Cativiela.

Francisco Javier Ramos García.

José Luis Sánchez Santiago.

Norbert Llarás i Marques.

Bernabé Esteban Ortega.

Antonio Jover Pérez.

Fernando Alonso Barahona.

César García-Monge Herrero.

Ana Menéndez Gallego.

Jenaro Conde Rebollar.

Ana de Oleza Ferrandis.

José Mª Endemaño Arostegui.

Pedro Antonio Mas Cladera.

Loreto Díaz Sánchez.

Jesús González Pueyo.

José Manuel García Gallo.

Vocais suplentes:

Carlos Alberto García Rubio.

Carmen Peña Torre.

Eva Cabrera Guelmes.

Antonio Meneses Tocino.

Lluis Calsina i Vallés.

Miguel Romero Carmona.

Eva Isabel Pereda López.

Augusto Martín Agudo.

Fátima Emilia Arroyo Otero.

Rafael Blázquez Callejo.

Mª Teresa Morán Ventura.

José Luis Aguirre Aratibel.

María Alonso Díaz.

Francisco Martorell Massot.

Ramón Pardo Cabarcos.

Gloria García Ortuño.

Pedro Antonio Martín Pérez.

Secretario titular: Antonio Calderón López.

Secretaria suplente: Mercedes Martín Sánchez.

Sétima.-Exclusión de concursantes e valoración de méritos.

1. O tribunal de valoración excluirá ós concursantes que non reúnan as condicións de participación sinaladas na base segunda, ou se é o caso, o requisito de lingua.

A continuación puntuará os méritos dos concursantes non excluídos, do seguinte modo:

-A puntuación por méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, deducidos da relación incluída na

resolución publicada conxuntamente con esta convocatoria, non sendo posible ningunha acreditación adicional por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-A valoración de méritos de determinación autonómica, ata un máximo de 3 puntos, en base á documentación achegada polos concursantes conforme as regras específicas de cada Comunidade Autónoma.

-Respecto dos postos sen méritos de determinación autonómica, o tribunal puntuará exclusivamente os xerais ata un máximo de 19,50 puntos.

2. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivera maior puntuación por méritos de determinación autonómica. De manterse o empate, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nas letras a), b), c), d) e e), pola dita orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia o empate resolverase conforme a orde de prelación no proceso selectivo.

Oitava.-Proposta de resolución.

Trala exclusión e puntuación de concursantes, o tribunal formulará relación comprensiva dos non excluídos cas súas puntuacións, así como relación fundada de excluídos. De acordo coas puntuacións, e coa orde de prelación para o suposto de concursantes que obteñan a máxima puntuación en dous ou máis postos, o tribunal formulará e elevará a esta dirección xeral proposta de adxudicación de postos.

Novena.-Resolución.

Esta dirección xeral resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración, remitindo ás comunidades autónomas e publicándoo no prazo dun mes no Boletín Oficial del Estado.

Décima.-Prazo posesorio.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O dito prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución deste concurso no Boletín Oficial del Estado.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

2. O cómputo de prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles foran concedidos ós interesados.

3. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que cesara e tomara posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta de tal acordo a esta dirección xeral.

Excepcionalmente, por instancia do interesado e por razóns xustificadas, poderá tamén diferirse a toma de posesión, por igual prazo, por acordo entre os presidentes respectivos dando conta a esta dirección xeral.

Décimo primeira.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables desde o momento en que o tribunal formule a proposta de adxudicación de postos.

2. Os destinos obtidos neste concurso terán carácter voluntario, non xerando en consecuencia dereito ó aboamento de indemnización por traslado.

Décimo segunda.-Notificación de cesamentos e tomas de posesión.

1. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes que accedan a un posto de traballo, de acordo coa resolución do concurso, deberán ser comunicadas a esta dirección xeral e á Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

2. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando o funcionario a depender da correspondente corporación.

Décimo terceira.-Normas para a Comunidade Autónoma do País Vasco.

As institucións forais procederán á resolución do concurso e a súa remisión á Comunidade Autónoma.

O órgano competente da Comunidade Autónoma do País Vasco e a Dirección Xeral da Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples nos supostos en que os interesados obteñan simultaneamente postos en corporacións locais da Comunidade Autónoma do País Vasco e dalgunha outra.

Décimo cuarta.-Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse, potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante esta dirección xeral, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, así como nos artigos 10 i) e 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e sen prexuízo de calquera outro recurso que se puidera interpor.

ANEXO I

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

PROVINCIALOCALIDADECÓDIGO

ADXUNTO A TESOURERÍA, 3ª

PONTEVEDRABUEU3604003

AGRUPACIÓN INTERVENCIÓN CLASE 2ª

LUGOCASTRO DE REI2710001
OURENSERÚA (A)3270001
PONTEVEDRACOTOBADE3612002

AGRUPACIÓN SECRETARÍA CLASE 2ª

OURENSERÚA (A)3270002

AGRUPACIÓN SECRETARÍA CLASE 3ª

LUGOOUROL2737001

INTERVENCIÓN CLASE 1ª

CORUÑA, AARTEIXO1505001
CORUÑA, ABETANZOS1509001
CORUÑA, ACULLEREDO1530002
CORUÑA, AFENE1534002
CORUÑA, AOLEIROS1557002
CORUÑA, AORTIGUEIRA1560001
CORUÑA, AAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ1569002
CORUÑA, ARIBEIRA1572001
LUGOCERVO2713002
LUGOMONFORTE DE LEMOS2730001
OURENSEBARCO DE VALDEORRAS, O3209001
PONTEVEDRACANGAS3608001
PONTEVEDRAESTRADA, (A)3617001
PONTEVEDRAGROVE, (O)3622001
PONTEVEDRALALÍN3624001
PONTEVEDRAMOS3633001
PONTEVEDRAPONTEAREAS3642001
PONTEVEDRATUI3654001

INTERVENCION CLASE 2ª

CORUÑA, AAMES1502001
CORUÑA, AARZÚA1506001
CORUÑA, ABAÑA (A)1507001
CORUÑA, ABERGONDO1508001
CORUÑA, ABOIRO1511002
CORUÑA, ABRIÓN1513001
CORUÑA, ACABANA DE BERGANTIÑOS1514001
CORUÑA, ACAMARIÑAS1516001
CORUÑA, ACARIÑO1519502
CORUÑA, ACEDEIRA1522002
CORUÑA, ACEE1523001
CORUÑA, ACERCEDA1524001
CORUÑA, ACORISTANCO1529001
CORUÑA, AFISTERRA1536001
CORUÑA, ALARACHA1540001
CORUÑA, AMALPICA DE BERGANTIÑOS1542002
CORUÑA, AMAZARICOS1544001
CORUÑA, AMELIDE1545001
CORUÑA, AMUGARDOS1550001
CORUÑA, AMUROS1552001
CORUÑA, AMUXÍA1551001
CORUÑA, ANEDA1554001
CORUÑA, ANEGREIRA1555001
CORUÑA, ANOIA1556002
CORUÑA, AORDES1558001
CORUÑA, AOUTES1561001
CORUÑA, APADRÓN1564001
CORUÑA, APONTECESO1567002
CORUÑA, APORTO DO SON1570002
CORUÑA, AA POBRA DO CARAMIÑAL1566002
CORUÑA, ARIANXO1571001
CORUÑA, AROIS1573002
CORUÑA, ASADA1574001
CORUÑA, ASANTA COMBA1576002
CORUÑA, ATEO1581001
CORUÑA, ATORDOIA1583001
CORUÑA, AVALDOVIÑO1586001
CORUÑA, AVAL DO DUBRA1587001
CORUÑA, AVIMIANZO1591002
CORUÑA, AZAS1592002
LUGOBEGONTE2707001
LUGOBURELA2708502
LUGOCARBALLEDO2709001
LUGOCHANTADA2716001
LUGOA FONSAGRADA2718002
LUGOFOZ2719001
LUGOGUITIRIZ2722001
LUGOMONDOÑEDO2729002
LUGOMONTERROSO2731002
LUGOPALAS DE REI2739002
LUGOPANTÓN2740002
LUGOSARRIA2756001
LUGOO SAVIÑAO2757001
LUGOSOBER2758002
LUGOTABOADA2759002
LUGOVILALBA2764001
LUGOVIVEIRO2765001
LUGOXOVE2725001
OURENSEO CARBALLIÑO3219002
OURENSECELANOVA3224001
OURENSERIBADAVIA3268002
OURENSEVERÍN3284001
OURENSEXINZO DE LIMIA3232001
PONTEVEDRABAIONA3603001
PONTEVEDRABUEU3604002
PONTEVEDRACALDAS DE REIS3605001
PONTEVEDRACAÑIZA (A)3609002
PONTEVEDRACUNTIS3615002
PONTEVEDRAGUARDA (A)3623002
PONTEVEDRAMOAÑA3629001
PONTEVEDRAMONDARIZ3630001
PONTEVEDRANEVES (AS)3634001
PONTEVEDRAPOIO3640001
PONTEVEDRAROSAL (O)3647002
PONTEVEDRASALCEDA DE CASELAS3648002
PONTEVEDRASALVATIERRA DE MIÑO3649002
PONTEVEDRASILLEDA3651002
PONTEVEDRAVILA DE CRUCES3658002
PONTEVEDRAVILABOA3657002
PONTEVEDRAVILANOVA DE AROUSA3660002

OFICIAL MAIOR CLASE 2ª

CORUÑA, AFERROL1535002

SECRETARÍA CLASE 1ª

CORUÑA, ACULLEREDO1530001
CORUÑA, AFENE1534001
CORUÑA, AFERROL1535001
CORUÑA, AOLEIROS1557001
CORUÑA, AAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ1569001

PROVINCIALOCALIDADECÓDIGO

LUGOCERVO2713001

SECRETARÍA CLASE 2ª

CORUÑA, ACARIÑO1519501
CORUÑA, ACEDEIRA1522001
CORUÑA, AMALPICA DE BERGANTIÑOS1542001
CORUÑA, ANOIA1556001
CORUÑA, APONTECESO1567001
CORUÑA, APORTO DO SON1570001
CORUÑA, AA POBRA DO CARAMIÑAL1566001
CORUÑA, AROIS1573001
CORUÑA, ASANTA COMBA1576001
CORUÑA, AVIMIANZO1591001
CORUÑA, AZAS1592001
LUGOBURELA2708501
LUGOA FONSAGRADA2718001
LUGOMONDOÑEDO2729001
LUGOMONTERROSO2731001
LUGOPALAS DE REI2739001
LUGOPANTÓN2740001
LUGOSOBER2758001
LUGOTABOADA2759001
OURENSEO CARBALLIÑO3219001
OURENSERIBADAVIA3268001
PONTEVEDRABUEU3604001
PONTEVEDRACAMBADOS3606001
PONTEVEDRACAÑIZA (A)3609001
PONTEVEDRACOTOBADE3612001
PONTEVEDRACUNTIS3615001
PONTEVEDRAFORCAREI3618001
PONTEVEDRAGUARDA (A)3623001
PONTEVEDRAPONTE CALDELAS3641001
PONTEVEDRAROSAL (O)3647001
PONTEVEDRASALCEDA DE CASELAS3648001
PONTEVEDRASALVATERRA DE MIÑO3649001
PONTEVEDRASILLEDA3651001
PONTEVEDRAVILA DE CRUCES3658001
PONTEVEDRAVILABOA3657001
PONTEVEDRAVILANOVA DE AROUSA3660001

SECRETARÍA CLASE 3ª

LUGOBALEIRA2704001
LUGOCERVANTES2712001
LUGONEGUEIRA DE MUÑIZ2734001
LUGOPEDRAFITA DO CEBREIRO2744001
LUGORIBAS DE SIL2751001
LUGOTRABADA2760001
OURENSEOS BLANCOS3212001
OURENSEENTRIMO3230001
OURENSEMAN. INTERM. VOL. DO RIBEIRO32C0101

TESOURERÍA

CORUÑA, AARTEIXO1505002
CORUÑA, ABETANZOS1509002
CORUÑA, AFENE1534003
CORUÑA, AOLEIROS1557003
CORUÑA, AORTIGUEIRA1560002
LUGOCERVO2713003
PONTEVEDRACANGAS3608002
PONTEVEDRAMOS3633002
PONTEVEDRAO PORRIÑO3638001
PONTEVEDRAPONTEAREAS3642002
PONTEVEDRATUI3654002

VICE-INTERVENCIÓN CLASE 1ª

OURENSEOURENSE3200102