Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Real Club Celta, S.A.D.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Ral Club Celta, S.A.D., con número de código 3602212, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, con data do 4-11-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre registro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Real Club Celta

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación na empresa Real Club Celta, con domicilio social na Avda. Balaídos, s/n.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio abarca tódalas actividades existentes actualmente para o desenvolvemento das funcións propias da sociedade e do seu obxecto social. As condicións aquí pactadas terán o carácter de mínimas obrigatorias.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Enténdense comprendidos baixo o ámbito de aplicación deste convenio tódolos traballadores e traballadoras dependentes desta empresa, así como os que ingresen no futuro, excluíndose aqueles que segundo a lei poidan saírse do seu ámbito.

Artigo 4º.-Vixencia.

Este convenio colectivo entrará en vigor para tódolos efectos a partir do 1 de xaneiro de 1999 e ata o 31 de decembro de 1999. No momento do remate da vixencia deste convenio colectivo manterán a súa vixencia todas e cada unha das cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte convenio.

Artigo 5º.-Denuncia.

Este convenio deberá ser denunciado por algunha das partes con dous meses de antelación ó seu vencemento. De non efectuarse ningunha denuncia, quedará prorrogado excepto nos conceptos salariais, que se verán actualizados no IPC que para o ano anterior estableza o INE.

Artigo 6º.-Salarios.

Os salarios para este convenio serán os establecidos para cada categoría na táboa anexa. Non haberá discriminacións salariais por razóns de sexo e suprimiranse as diferencias dentro da mesma categoría.

Artigo 7º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1999 un incremento superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos do primeiro de xaneiro de 1999.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase conforme o seguinte horario:

-Persoal de oficina administrativo:

De luns a venres: das 10 ás 14 horas. Das 17 ás 20 horas.

Os domingos que haxa partido entrarán hora e media antes de que teña lugar este.

-Persoal oficina socios:

De luns a venres: das 10 ás 14 horas. Das 17 ás 20 horas.

Na semana que haxa partido, os sábados traballarase das 10 ás 13 horas e os domingos das 10.30 ás 13.30 horas, así como hora e media antes de que teña lugar o partido.

O persoal que desenvolva o seu traballo na oficina de socios terá dereito a un descanso rotativo na semana seguinte.

-Persoal de campo:

De luns a venres: das 9 ás 13 horas. Das 16 ás 19 horas. Sábado das 9 ás 14 horas.

-Xornada de verán para todo o persoal: desde o 15 de xuño ó 30 de xullo todo o persoal realizará xornada de mañá, das 9 ás 15 horas.

Na primeira quincena de agosto haberá unha reunión da comisión paritaria co fin de ve-las necesidades do club, torneos, trofeos, campaña de socios, etc... co fin de estudia-la posibilidade de continuar coa xornada de verán os 15 primeiros días de agosto.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio acordan reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias.

Terán consideración de horas extraordinarias todas aquelas que excedan da xornada laboral legalmente establecida.

A empresa informará mensualmente o representante dos traballadores do número de horas extraordinarias feitas, especificando as causas e o persoal que as levou a cabo.

En ningún caso as horas extraordinarias poderán supera-lo límite máximo establecido legalmente. En canto ó aboamento ou desfrute das horas extraordinarias, obterase entre aboalas cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria ou compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuído, incrementados polo menos na porcentaxe antes indicada.

As horas extraordinarias mediante descanso deberán ser compensadas dentro dos dous meses seguintes á súa realización.

Artigo 10º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais nos meses de xuño a setembro. O calendario de vacacións fixarase na empresa con dous meses de antelación ó comezo do seu desfrute.

Os períodos de vacacións estipularanse de común acordo entre os traballadores e a dirección. O seu aboamento realizarase ó seu inicio, na contía de salrio real que corresponda por tódolos conceptos salariais.

O desfrute das vacacións será de xeito rotativo entre o persoal. Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de IT terá dereito ó seu desfrute ou da parte pendente.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense catro pagas extraordinarias. Todas elas se aboarán na contía correspondente a 30 días de salario real, pagadoiras cada unha delas os días 10 de marzo, 25 de xullo, 15 de outubro e 15 de decembro.

O persoal que ingresou ou deixase de presta-los seus servicios na empresa calquera que fose a causa, durante o transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional das ditas pagas en relación ó tempo traballado. Así mesmo, e no suposto de que o club obtivese un ou máis títulos (campión de liga, campión de Copa de S.M. El-Rei, campión de Europa, Recopa ou UEFA), así como ascenso de categoría, terase dereito a unha paga extraordinaria por tal motivo na mesma contía có resto das pagas extraordinarias.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade serán calculados por trienios desde o ingreso na empresa; os ditos trienios aboaranse a razón do 8% sobre os salarios do convenio vixente e comezaranse a percibir o mesmo mes no que se cumpra o trienio. De calquera xeito, ningún traballador poderá percibir neste concepto contías superiores ás que establece o Estatuto dos traballadores.

De tódolos xeitos, respectaranse as condicións máis favorables que veñan desfrutando os afectados por este convenio nesa materia.

Artigo 12º bis.-Premio antigüidade.

Insignia de prata do club, que se lles outorgará a tódolos traballadores/as que leven na empresa 25 anos ininterrompidos.

Insignia de ouro, outorgaráselles ós traballadores que leven na empresa 30 anos ininterrompidos.

As ditas medallas terán tamén unha dotación económica de 3 meses de salario para a de prata e de 5 meses para a de ouro.

Artigo 13º.-Licencias.

Os/as traballadores/as, logo de aviso e xustificación, terán dereito a permisos retribuídos durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Matrimonio: 16 días.

b) Nacemento de fillo: 3 días laborables.

c) Enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consaguinidade ou afinidade, dous días e cinco se existise desprazamento fóra da provincia.

d) Traslado de domicilio: 2 días.

e) O tempo necesario para consulta médica de especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de consulta co de traballo, precise a dita consulta o facultativo de medicina xeral,

debendo o traballador presenta-lo volante xustificativo da devandita prescrición médica. Nos demais casos, ata un límite de 18 horas/ano.

f) As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

h) Por asuntos persoais ou particulares do traballador/a, poderá solicitar permiso retribuído de catro días e sen retribuír ata un máximo de trinta, de común acordo entre a empresa e o traballador/a e sempre que na sección non haxa outra persoa na mesma situación.

i) As tardes dos días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro non serán laborables para tódolos efectos; nos casos de partido non se cobrarían as horas.

k) Morte de parente de primeiro grao: 5 días.

l) No non expresamente regulado aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

m) Morte de parente de segundo grao: dous días.

n) O tempo necesario para facer exames.

ñ) Casamento dun fillo/a: 1 día.

Artigo 14º.-Desprazamentos.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa e por requirimento desta, o traballador tivese que desprazarse empregando o seu propio vehículo e con aceptación voluntaria deste, aboaráselle a cantidade de 30 ptas. por km.

Artigo 15º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá terán unha retribución específica incrementada nun 30% do salario base.

Artigo 16º.-Excedencias.

O traballador/a, con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de 2 anos e non maior de 5. Este dereito só poderá ser exercido outra vez, polo mesmo traballador, se transcorreron 4 anos desde o remate da anterior excedencia.

Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción contado desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, porá fin ó que se estivese a desfrutar. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

O período no que o traballador/a permaneza na situación de excedencia consonte co establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade

e o traballador terá dereito á asistencia de cursos de formación profesional, debendo ser convocado polo empresario para a súa participación neles, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

No non regulado neste precepto aplicarase o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Sen prexuízo do anterior en casos excepcionais, de común acordo, a empresa e o traballador poderán considera-la concesión de situacións de excedencia fóra das legalmente reguladas.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa está obrigada a subministrarlle ó persoal de limpeza 2 mandís ó inicio do ano; o persoal de campo será dotado de 2 fundas e un chándal. Tanto uns coma os outros percibirán calzado axeitado para as súas respectivas funcións.

Se o traballo o requirise, entregaranse luvas e traxes de auga.

Artigo 18º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar anualmente, informando previamente o representante dos traballadores, un recoñecemento médico anual para tódolos traballadores da empresa. O tempo investido no citado recoñecemento será por conta da empresa que, cando sexa necesario, facilitará así mesmo os medios de transporte para o desprazamento.

Artigo 19º.-Seguridade e hixiene.

A empresa está obrigada ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, tec... de conformidade coa ordenanza xeral de seguridade e hixiene e a nova Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 20º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

Sinálase expresamente que os traballadores afectados por este convenio quedarán expresamente excluídos e non estarán, polo tanto, obrigados a realizar traballos que teñan a consideración de tóxicos, penosos ou perigosos.

Artigo 21º.-Complemento por IT.

A empresa estará obrigada a complementar ata o 100% do salario fixado no convenio desde o primeiro día de baixa.

Artigo 22º.-Premio de xubilación.

A todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar a situación de invalidez permanente, que teña máis de 5 anos de vínculo coa empresa, esta aboaralle o equivalente a 6 meses de traballo. Este premio percibirao o seu viúvo/a se o traballador morre antes de xubilarse e, non seu defecto, os orfos menores de 18 anos ou de máis

de 18 anos, se non teñen traballo. Tamén terá dereito a un pase gratuíto para a bancada de tribuna.

Artigo 23º.-Xubilación anticipada ós 64 anos.

A empresa poderá acordar, conxuntamente cos traballadores, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co Real decreto 1194/1985, e Real decreto lei 14/1981. En tal suposto, a empresa deberá cubri-la contratación dun traballador demandante de emprego mediante un contrato da mesma natureza.

Artigo 24º.-Xubilación forzosa.

Establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade dos traballadores e as traballadoras que teñan cuberto o período legal de carencia para obtela ou no momento que a alcancen.

Quedan excluídos do disposto no parágrafo anterior aqueles traballadores/as que cumpran os requisitos da idade e carencia con anterioridade á entrada en vigor deste convenio.

A empresa fará fixos os traballadores e traballadoras con contrato temporal, á finalización del, se durante a vixencia se producise un cesamento na empresa por mor da xubilación forzosa. No caso de existiren varios traballadores e traballadoras temporais no momento do cesamento, a comisión paritaria decidirá qué persoa é a máis idónea para ocupa-lo posto.

Artigo 25º.-Axuda familiar especial.

Aplicarase unha axuda familiar especial anual de 60.000 ptas. por cada fillo/a que teña recoñecido o dereito de diminuído físico ou psíquico polo INSS e que non estea traballando. O traballador achegará a documentación acreditativa para o aboamento desta axuda, que se pagará a razón de 5.000 ptas. mensuais.

Os traballadores/as poderán optar mediante comunicación expresa dirixida á dirección da empresa polo aboamento íntegro e dunha soa vez da expresada axuda familiar.

Artigo 26º.-Dereitos sindicais.

Cota sindical: os traballadores poderán solicitar da empresa o desconto en nómina da cota sindical. Esta solicitude farase por escrito no que conste a central sindical e o número de conta onde a empresa ingresará as cotas retidas ós afiliados.

Créditos horarios: o delegado de persoal, como representante legal dos traballadores, pode dispor dun crédito horario mensual retribuído para o exercicio das súas funcións. Este crédio será de 20 horas mensuais. No suposto de que non se consuma o dito crédito horario, acumularase para o seguinte mes tanto en parte como na súa totalidade.

Asemblea: dentro das formalidades previstas no Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de dereito de reunión durante a xornada laboral e durante 30 minutos ó mes.

Artigo 27º.-Pluriemprego.

Calquera persoa que realice traballos na empresa, mesmo que estes sexan esporádicos, deberá estar debidamente contratado coa súa correspondente alta na Seguridade Social, sendo competencia do delegado de persoal controlar e vixia-lo cumprimento da lei neste aspecto.

Artigo 28º.-Superior e inferior categoría.

Ningún traballador/a estará obrigado a realizar traballo de inferior categoría; sen embargo, por circunstancias excepcionais e debidamente acreditadas de carácter perentorio ou imprevisibles, a empresa poderá destinar a un traballador a tarefas correspondentes a unha categoría inferior á súa, o cal só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e os demais dereitos derivados da súa categoría profesional, e comunicándollo ó delegado de persoal.

Cando se desenvolvan traballos de categoría superior, o traballador/a terá dereito á diferencia retributiva entre a súa categoría e a función que nese momento efectivamente realice durante o tempo que dure o traballo encomendado.

O traballador que faga función de categoría superior á que lle corresponda e a tivese recoñecida, por un período superior a 6 meses durante 1 ano ou 8 durante dous anos, poderá reclamar ante a dirección da empresa a clasificación profesional axeitada.

Artigo 29º.-Seguro colectivo.

Durante a vixencia deste convenio a empresa concertará un seguro colectivo de accidente, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

a) Accidente laboral ou común con resultado de morte: 7.000.000 de ptas.

b) Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente, absoluta ou grande invalidez: 13.000.000 de ptas.

O resultado facilitará o nome do beneficiario. Para o persoal de nova incorporación, á póliza de seguros deberá concertarse nun prazo dun mes a partir da contratación.

Unha copia das pólizas inserirase no taboleiro de anuncios.

Artigo 30º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que, por accidente ou enfermidade con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación coas súas condicións, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 31º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e ordenanza.

Artigo 32º.-Comisión paritaria.

Como órgano de interpretación, conciliación e arbitraxe deste convenio, créase unha comisión mixta paritaria integrada por cada un dos membros da comisión negociadora do convenio.

Esta comisión reunirase por petición de calquera das partes interesadas, reuníndose obrigatoriamente nun prazo máximo de 15 días despois de ser solicitada.

Artigo 33º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá durante a súa vixencia 3.000 pesetas mensuais en concepto de gastos de locomoción.

Artigo 34º.-Complemento de domingos.

O persoal que desenvolva o seu traballo en domingo percibirá un complemento deste concepto de 5.000 pesetas por domingo; os que veñan hora e media antes percibirán 2.100 pesetas por este concepto.

ANEXO

Táboa salarial ano 1999

CategoríasSoldoComplemento

Secretario xeral348.605
Adestrador239.75051.830
Xefe negociado142.55072.000
Caixeira xefe142.24345.000
Admvo. caixeira132.86712.000
Administrativo/a127.5147.000
Auxiliar administrativo109.116
Persoal limpeza123.49421.373
Encargado de material especialista123.49423.439
Encargado instalacións136.16111.000
Coidador instalacións129.95916.881
Masaxista ATS135.70217.091
Axudante masaxista109.116
Fisioterapeuta118.500
Chofer123.49417.202
Técnico deportivo187.504136.937
Titulado superior220.823
Peón102.116
Telefonista93.500