Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.593

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de decembro de 1999 aclaratoria do contido do segundo parágrafo da base II da Orde do 18 de febreiro de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán o próximo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Pola Orde do 18 de febreiro de 1999 (DOG nº 49, do 11 de marzo) apróbanse as bases que rexerán o próximo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

No parágrafo 2º da base II eximíanse os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna de 12 temas do programa que oportunamente se publicara.

Con data do 19 de xullo de 1999 publícase no Diario Oficial de Galicia o contido do dito programa.

Polo tanto e co obxecto de determina-los temas dos que están exentos os citados aspirantes, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna ó próximo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) rexeranse polo programa publicado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 137, do 19 de xullo) eximíndoos dos seguintes temas: 7 ó 13 inclusive e 15, 16, 21, 22 e 25.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública