Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dictada sobre os subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre subsidios para a integración dos minusválidos da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a notificación enviada no seu día, notifícaselle ó citado no anexo, a resolución dictada en relación co seu expediente de subsidio de garantía de ingresos mínimos pola delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de esta provincia.

Contra esta resolución pode presenta-las alegacións, documentos ou xustificantes que considere oportunos, cun prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no DOG, de conformidade co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro do RXAP-PAC. Se neste prazo non presenta alegacións, pode interpoñer recurso de alzada dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á finalización do prazo das alegacións, perante a Dirección Xeral dos Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela) directamente ou a través desta delegación provincial, segundo o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro do RXAP-PAC, en redacción dada pola Lei 4/1999.

Pontevedra, 2 de novembro de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Silvia Marta Silva Pereira.

DNI: 76.819.677.

Resolución: extinción do dereito ó subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Causa: por estar residindo fóra do territorio nacional.

Fundamentos de dereito: artigo 29.1º d) do Real decreto 383/1984.