Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as reiteracións de citación para comparecencia no EVO de Pontevedra, sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, foron devoltas polo servicio de correos dúas sucesivas citacións para comparecer no equipo de valoración de Pontevedra, realizadas nas datas do 21 de outubro de 1998 e do 23 de novembro de 1998, en relación coa solicitude de pensión non contributiva de invalidez.

Procédese polo presente edicto a unha nova citación de comparecencia no EVO de Pontevedra (rúa da Cruz Vermella, nº 9 baixo), dentro dos cinco días seguintes ó da publicación desta notificación no DOG. De non comparecer a esta citación, procederase á denegación da súa solicitude de pensión non contributiva por imposibilidade de determina-lo grao de minusvalidez ou enfermidade crónica que o afecta.

Pontevedra, 2 de novembro de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Ramón García Padín.

DNI: 76.841.913.

Deberá presentarse na sección de cualificación e valoración de minusválidos do centro base de Pontevedra, sito na rúa Cruz Vermella nº 9 baixo. De non comparecer a esta citación, procederase á denegación da súa solicitude de pensión non contributiva por imposibilidade de determina-lo grao de minusvalidez ou enfermidade crónica que o afecta.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.