Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as reiteracións de petición de documentación sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a reiteración da petición de documentación dictada en relación cos seus correspondentes expedientes de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Pontevedra, 2 de novembro de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: Luis Martínez Vázquez.

DNI: 35.126.894.

Documentación requirida (reiteración de petición de datos):-Xustificante da contía total da pensión que percibe do estranxeiro, correspondente ó ano 1998.-Baixa consular do seu país de procedencia.-Certificado do secretario do Concello de Pontevedra, onde conste a data de empadroamento do solicitante da pensión.

Efectos: deberá achega-la documentación citada, no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte á publicación desta notificación. En ningún caso, a presente reiteración interromperá o prazo de caducidade xerado pola petición desta documentación, que dará lugar ó arquivo das actuacións practicadas.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pensionista: Julio Varela Dapena.

DNI: 35.237.110.

Documentación requirida (petición de datos complementarios):-Copia da declaración da renda do ano 1997 ou outra documentación acreditativa dos ingresos percibidos pola actividade económica do solicitante da pensión. No defecto da declaración da renda, certificación de non tela presentado, expedido pola delegación de Facenda.-Declaración xurada do solicitante, na que figuren os ingresos obtidos por calquera concepto, no ano 1999.

-Fotocopia compulsada do DNI en vigor do solicitante, ou unha copia da súa partida de nacemento.

Efectos: de non presenta-la documentación no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, paralizarase o expediente, e transcorridos tres meses, procederase á caducidade do expediente, con arquivo das actuacións practicadas.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.