Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 10 de decembro de 1999 Páx. 14.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a petición de documentación e citación para comparecencia no EVO de Vigo (Pontevedra), sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, foron devoltas polo servicio de correos as notificacións sobre petición de documentación e citación para comparecer no equipo de valoración de Vigo (Pontevedra), en relación coa solicitude de pensión non contributiva de invalidez.

Pontevedra, 2 de novembro de 1999.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Pensionista: José Carlos Leiros Sangabriel.

DNI: 36.053.052.T.

Documentación requirida:-Informe actualizado da enfermidade que padece.

Citación: terá que comparecer no centro base de minusválidos en Vigo (Pontevedra), sito na rúa Conde Torrecedeira nº 99 baixo. Terá que acudir provisto do seu DNI ou outro documento suficiente que acredite a súa identidade. Igualmente, se dispón de informes psicolóxicos, médicos, radiografías, análises recentes, ou calquera outra proba médica relacionada directamente coa súa discapacidade, debe achegalos.

Efectos: tanto a non comparecencia, como a non presentación da documentación requirida, dará lugar á paralización do expediente e transcorridos tres meses, producirá a súa caducidade, con arquivo das actuacións practicadas.

Fundamento de dereito: artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.