Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prvista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome do viveiro: V.J.G. II.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 176 Cambados A.
Data da concesión: 23-10-1963.
Data do remate da última prórroga: 8-11-2003.
Anteriores concesionarios: Mougán Diz, Segundo (35.396.243); Rodríguez Cores, Josefa (35.436.956); Otero Dios, Benito (35.333.288) e Rodríguez Cores, Mª Teresa (35.396.766).
Novos titulares da concesión: Mougán Rodríguez, Segundo (35.448.460); Cores Abal, Ana Mª (35.443.730) e Mougán Rodríguez, Santiago (35.473.923).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 3 de novembro de 1999.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG 120, do 24)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada provincial de Vigo