Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-214/1998 e P-53/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xuríxido das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o de indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181, de Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 9 de novembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 214/1998.

Denunciado: Juan José Rey Castro, domicilio r/ Dos-As Bocas nº 9 B-Vilanova de Arousa.

DNI: 35.443.764.

Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca carecendo de licencia de pesca. Feitos denunciados ás 19.45 horas do día 16 de setembro de 1998 no río Ulla, lugar de Bamio, do concello de Vilagarcía de Arousa.

Data do acordo da incoación: 18-12-1998.

Data do acordo da proposta: 29-6-1999.

Proposta: sancionar a Juan José Rey Castro con multa de 50.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: practica-lo deporte da pesca carecendo de licencia de pesca.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Expediente: 53/1999.

Denunciado: José Eladio Álvarez Álvarez, domicilio Paseo Marítimo-Ponteareas.

DNI: 34.241.160.

Feitos denunciados: depositalo vehículo PO-5906-K, marca Renault 7 TL, cor verde en estado estragado de abandono na marxe dun río (a menos dun metro do leito), entorpecendo a servidume do paso en beneficio ou para uso dos pescadores. Feitos denunciados ás 13.30 horas do día 12 de abril de 1999 no río Xinzo, no lugar de Touredo do concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 19-5-1999.

Data do acordo da proposta: 22-6-1999.

Proposta: sancionar a José Eladio Álvarez Álvarez con multa de 50.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial

de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme. E indemnización de 7.578 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: deposita-lo vehículo en estado de abandono.

Precepto infrinxido: 34.27º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Indemnización: 7.578 ptas.