Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-93/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á pesoa que no anexo se menciona a proposta de resolución, dictada pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 9 de novembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-93/1999.

Denunciado. José Saa González, enderezo Santa Baia-Cercio-Lalín.

DNI: 52.482.460.

Feitos denunciados: realiza-lo deporte da pesca, con cana, carecendo da preceptiva licencia de pesca fluvial; no momento da denuncia non portaba ningunha captura. Feitos denunciados ás 17.30 horas do día 16 de maio de 1999 no río Arnego, lugar Carmoega, do concello de Agolada.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 21-10-1999.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar de se-lo caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.