Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia e tramitación anticipada, para a contratación do servicio de vixilancia dos centros: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia para os centros: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

b) Prazo de execución: desde o 1-1-2000 ata o 31-12-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de expediente de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: doce millóns cincocentas mil pesetas (12.500.000 ptas., 75.126,51 euros).

5. Garantía provisional: duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: rúa dos Irmandiños s/n. Salgueiriños.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 61 51.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de claúsulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo San Caetano, s/n-1771 Santiago de Compostela).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural desde o seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de publicación: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación