Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámitación de urxencia, para a contratación das obras de reparación de tellados no grupo Xeneral Mola en Ourense. (Expediente OU-99/REP05).

Obxecto: execución de obras de reparación de tellados no grupo Xeneral Mola en Ourense.

Orzamento: vintecinco millóns seiscentas trinta e cinco mil seiscentas trinta e seis (25.635.636) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 4 e 7; categoría c.

Garantía provisional: dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: un millón vintecinco mil catrocentas vintecinco (1.025.425) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día

en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida no acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo