Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-164/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-164/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita reoslución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa nº 10-A-2º, edificio Área Central-Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación da presente resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro que coide pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa de Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á sua exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o

día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o derradeiro de cada mes, desde a data de notificción ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-164/1999.

Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.

Enderezo: urbanización Soto c/185-B, A Coruña.

Sanción e motivos: (200.000 ptas.), obstrucción o labor inspector.

Data da resolución: 5-10-1999.

A Coruña, 2 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña