Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.434

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1752/1999, do 19 de novembro, sobre ampliación de servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación.

A Constitución, no artigo 149, resérvalle ó Estado a competencia exclusiva sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, co fin de garanti-lo cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 31 que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia plena para a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e leis orgánicas que, conforme o punto 1º do artigo 81 desta, o desenvolvan, e sen prexuízo das facultades que lle atribúe ó Estado o artigo 149.1.30ª e da alta inspección para o seu cumprimento e garantía.

Polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, foron traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de educación.

Procede efectuar agora, sobre as mesmas provisións constitucionais, estatutarias e legais, unha ampliación das funcións e servicios na materia citada.

Finalmente, o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, determina as normas e o procedemento a que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 8 de

outubro de 1999, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 19 de novembro de 1999,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se amplían as funcións e servicios da Administración do Estato traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, e que se transcribe como anexo a este real decreto nos termos alí especificados.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan ampliados as funcións e servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, así como os medios e os créditos orzamentarios correspondentes que figuran nas relacións adxuntas ó propio acordo da comisión mixta e que se inclúen como anexo a este real decreto, nos termos e condicións que alí se especifican.

Artigo 3º

A ampliación de funcións e servicios a que se refire este real decreto terá efectividade a partir da data sinalada no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que os ministerios de Defensa e de Educación e Cultura produzan os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento de adopción do acordo ata a data da súa entrada en vigor.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen consonte a relación número 3 serán dados de baixa nos conceptos de orixe e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado destinados a financia-los servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que se remitan ó departamento citado, por parte das oficinas orzamentarias dos ministerios de Defensa e de Educación e Cultura, os certificados de retención de crédito, para dar cumprimento ó disposto na vixente Lei de orzamentos xerais do Estado.

Disposición derradeira

Única.-Este real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid o 19 de novembro de 1999.

Ángel Acebes PaniaguaJuan Carlos R.

Ministro de Administracións

Públicas

ANEXO

Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da comisión ixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da comisión mixta, que tivo lugar o día 8 de outubro de 1999, se adoptou un acordo sobre ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, nos termos que a seguir se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara a ampliación de medios:

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 31 a competencia plena da Comunidade Autónoma en materia de ensino.

Polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, foron traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de educación.

En consecuencia co exposto, procede formaliza-lo acordo sobre ampliación do traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia referido ós servicios e medios que a continuación se determinan.

B) Servicios que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia:

A comunidade asume en relación cos centros escolares que se indican na relación adxunta número 1, os servicios que respecto ós referidos centros exerce a Administración educativa do Estado.

C) Bens, dereitos e obrigas do Estado que se traspasan:

Cédenselle á Comunidade Autónoma de Galicia, por un período de noventa e nove anos, os bens inmobles que se detallan na relación número 1, tal como se recolle no convenio que se subscribirá entre ámbalas administracións.

D) Persoal adscrito ós servicios que se traspasan:

O persoal que se traspasa é o que se detalla na relación adxunta número 2, con indicación do corpo ou escala ou, de se-lo caso, categoría á que están adscritos ou asimilados, número de rexistro e retribucións básicas e complementarias ou, se é o caso, salario e complementos, de acordo todo isto co que consta nos seus expedientes persoais.

Remitiráselles ós correspondentes órganos da Comunidade Autónoma unha copia certificada dos expedientes do persoal traspasado, así como as certificacións de haberes correspondentes ó exercicio 1999.

E) Valoración das cargas financeiras correspondentes á ampliación:

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, corresponde ós servicios e medios traspasados elévase a 282.535.731 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1999, que corresponde ó custo efectivo anual dos servicios e medios traspasados, detállase na relación adxunta número 3.

3. O custo efectivo, que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 3, será financiado da seguinte forma:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, este cuso efectivo financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado dos créditos relativos ós distintos compoñentes do custo, que serán susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización, se é o caso, no momento do peche do exercicio económico mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes perante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

F) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan:

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aprobe este acordo.

G) Data de efectividade do traspaso.

A ampliación de servicios, cos seus medios, obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de xaneiro do ano 2000.

E para que conste, expedimos esta certificación en Madrid o 8 de outubro de 1999. Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín. Secretarios da Comisión Mixta.

Relación numero 1

Centros docentes na Comunidade Autónoma

de Galicia

Ferrol (A Coruña):

I.E.S. Saturnino Montojo: rúa Mac Mahón, sen número.

C.E.P. Isaac Peral: rúa Mac Mahón, sen número.

Narón (A Coruña):

C.E.P. Virxe do Mar: Illas Cíes, 2.

Marín (Pontevedra):

C.E.I. Nosa Señora do Carme rúa Jaime Janer, sen número (barrio de San Pedro).

Relación número 3

Valoración do custo efectivo da ampliación

de medios á Comunidade Autónoma de Galicia

(orzamentos 1999)

Pesetas

MINISTERIO DE DEFENSA

Aplicación orzamentaria

14.17.130.00.214A.X29.275.822

14.17.160.00.214A.X9.016.953

14.17.120.03.214A.X4.577.944

14.17.120.05.214A.X783.748

14.17.121.00.214A.X2.173.824

14.17.121.01.214A.X393.360

Total sección 1446.221.651

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CULTURA

Aplicación orzamentaria

Capítulo 1:

18.05.422A.120.0152.575.040

18.05.422A.120.059.647.615

18.05.422A.121.0022.780.464

18.05.422A.121.0119.897.380

18.05.422A.122.0072.660

18.05.422A.160.002.025.983

18.05.422C.120.0091.566.715

18.05.422C.120.0511.222.757

18.05.422C.121.0041.416.856

18.05.422C.121.0125.839.777

18.05.422C.1313.614.239

18.05.422C.160.005.836.496

Total capítulo 1286.495.991

Capítulo 214.547.025

Total sección 18301.043.016

Total custo efectivo347.264.667