Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e da Dirección Xeral da Xuventude, pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, en colaboración co Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do

Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude convocaron, por Resolución conxunta do 10 de maio de 1999, premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

De conformidade co disposto no artigo 4 da devandita resolución conxunta, o día 11 de novembro de 1999 constituíuse a comisión encargada de avalia-los traballos presentados, composta polos seguintes membros:

Presidente: José Luis Mira Lema, director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Vicepresidente: Eduardo Fernández Ares, subdirector xeral de Ordenación Educativa.

Vocais: Francisco Serrallé Marzoa, en representación do departamento de Educación e Información Ambiental; Paola Somoza Díaz-Sarmiento, en representación do Instituto Galego de Consumo; Jesús Morán Iglesias, en representación do Plan de Galicia sobre Drogas; José Antonio Taboada Rodríguez, en representación da Subdirección Xeral de Programas de Saúde Pública; José Antonio Martínez Carro, subdirector xeral de Relacións coa Administración de Xustiza; Mª Ángeles García Álvarez, en representación da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller; Manuel Brea Costoya, en representación da Subdirección Xeral de Promoción e Actividades; Isabel Serna Masiá, xefa do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Secretaria: Amparo Jiménez Díaz, membro do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

A secretaria levantou acta da proposta de concesión de premios emitida pola comisión avaliadora na mesma data, para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude

DISPOÑEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-los premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados por Resolución conxunta do 10 de maio de 1999 ós traballos que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

José Luis Mira LemaJuan Casares Long

Director xeral de OrdenaciónDirector xeral do Centro

Educativa e Formaciónde Información e Tecnoloxía

ProfesionalAmbiental

Jorge Rodríguez Vázquez MolezúnManuel Antonio Silva Romero

Presidente do Instituto GalegoSecretario xeral da Consellería

de Consumode Sanidade e Servicios Sociais

Pilar Farjas AbadíaJosé Antonio Álvarez Vidal

Directora xeral de SaúdeDirector xeral de Xustiza e

Pública

Administración Local

Aurora Montes Santa-OlallaMaría José Bravo Bosch

Directora xeral do ServicioDirectora xeral de Xuventude

Galego de Promoción da Igualdade

do Home e da Muller

ANEXO

Premios á innovación educativa sobre os temas transversais

Educación ambiental:

Valoración e respecto polo medio natural, humano e cultural de Rosa Mariño López e outros dous profesores do Colexio Público Integrado de Boimorto.

Micoloxía na aula de Olivia Domínguez Miranda e outros profesores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Augusto Assía da Mezquita.

A transversalidade na educación:

A transversalidade na educación de Mercedes Sánchez Manteiga e outros profesores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Vales Villamarín de Betanzos.

Marco de proxectos transversais no IES Pedra da Auga de Domingo García Bartolomé e todo o claustro de profesores do Instituto de Educación Secundaria Pedra da Auga de Ponteareas.

Prevención do consumo indebido de drogas:

Prevención do consumo indebido de drogas de José Ramiro Paz Tarrío e outros profesores do Colexio Público Integrado Progreso de Catoira.

Programa de prevención de drogodependencias de Mª de la Paz Parajó Gómez e outros profesores do Colexio Público Integrado de Pontecesures.

Educación para o consumo:

Educación para o consumo: unha perspectiva publicitaria de Manuel Verdes Abella e outros dous profesores do CPR Fonteboa de Coristanco.

Programa de educación ambiental-ciudad verde de Celsa Formoso Martínez e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria Elviña da Coruña.

Educación para a saúde:

A sida, un proxecto multidisciplinar de Emilia Nogueiras Hermida e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria Otero Pedrayo de Ourense.

Unha experiencia de educar para a saúde: Vida longa sen Pipalongas de Mª Nieves Agudín Serrano do Colexio Jorge Juan de Xubia-Narón.

Educación para a paz:

O soldado da paz de Matilde Montero Barreiro e outras dúas profesoras da Escola Infantil Aragón de Vigo.

Rompendo coas barreiras de Luisa Márquez Rodríguez do Instituto de Educación Secundaria Luis Seoane e Mª Jesús Enguídanos Floreani da Escola de Educación Infantil Os Campos de Monte Porreiro-Pontevedra.

Educación para o lecer:

Educación para o lecer de Belén Gómez Flores e Mercedes Vaamonde Balado do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Pedrouzos-Brión.

A lavandeira curiosa e o seu amigo o trasno conta contos de Mª Esther Herrero Ameijeiras e outros profesores do Colexio de Educación Infantil e Primaria As Chans-Bembrive de Vigo.