Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.430

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1751/1999, do 19 de novembro, sobre ampliación de medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación.

A Constitución, no artigo 149, resérvalle ó Estado a competencia exclusiva sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, co fin de garanti-lo cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia.

Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 31 que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia plena para a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ó Estado o artigo 149.1.30ª da Constitución e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía.

Polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, foron traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia fun

cións e servicios da Administración do Estado en materia de educación.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), establece na súa disposición adicional décima.3 a integración dos funcionarios do corpo de profesores de educación xeral básica de institucións penitenciarias no corpo de mestres, nas condicións que o Goberno estableza regulamentariamente.

Polo Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo, fíxose efectiva a mencionada integración, establecéndose nel que, mediante acordos das comisións mixtas de traspaso de funcións e servicios, os funcionarios que se integran no corpo de mestres pasarán a depender da Administración educativa no ámbito territorial da cal se encontre situado o establecemento penitenciario no que presten servicio.

En consecuencia co exposto, procede efectuar unha ampliación de medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación.

Finalmente, o Real decreto 581/1982, do 26 de febrero, determina as normas e o procedemento a que han de axustarse os traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da comisión mixta de transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 8 de outubro de 1999, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do Ministerio de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 19 de novembro de 1999,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da comisión mixta de transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se amplían os medios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, adoptado polo Pleno da dita comisión na súa sesión do día 8 de outubro de 1999 e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia o persoal e os créditos orzamentarios correspondentes que figuran nas relacións adxuntas ó propio acordo da comisión mixta

e que se inclúe como anexo ó presente real decreto, nos termos e condicións que alí se especifican.

Artigo 3º

A ampliación de medios a que se refire este real decreto terá efectividade a partir da data sinalada no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio do Interior produza os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo, ata a data da súa entrada en vigor.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen consonte a relación número 2 serán dados de baixa nos conceptos de orixe e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na Sección 32 dos orzamentos xerais do Estado destinados a financia-los servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que se remitan ó departamento citado, por parte da Oficina Orzamentaria do Ministerio do Interior, os certificados de retención de crédito, para lle dar cumprimento ó disposto na vixente Lei de orzamentos xerais do Estado.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado, e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia o día seguinte ó da súa publicación.

Dado en Madrid o 19 de novembro de 1999.

Ángel Acebes PaniaguaJuan Carlos R.

Ministro de Administracións

Públicas

ANEXO

Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia.

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da comisión mixta, celebrada o día 8 de outubro de 1999, se adoptou o acordo sobre ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, nos termos que a continuación se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara a ampliación de medios.

A Constitución, no artigo 149, resérvalle ó Estado a competencia exclusiva sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas

para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, co fin de garanti-lo cumprimento das obrigas dos poderes públicos nesta materia.

Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 31 que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia plena para a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, das facultades que lle atribúen ó Estado o artigo 149.1.30ª da Constitución e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía.

Polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, foron traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios da Administración do Estado en materia de educación.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), establece na súa disposición adicional décima.3 a integración dos funcionarios do corpo de profesores de educación xeral básica de institucións penitenciarias no corpo de mestres, nas condicións que o Goberno estableza regulamentariamente.

Polo Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo, fíxose efectiva a mencionada integración establecéndose nel que, mediante acordos das comisións mixtas de traspaso de funcións e servicios, os funcionarios que se integran no corpo de mestres pasarán a depender da Administración educativa no ámbito territorial da cal se encontre situado o establecemento penitenciario no que presten servicio.

En consecuencia co exposto, procede formaliza-lo acordo sobre ampliación do traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia referido ós medios que a continuación se determinan.

B) Funcións que asume a Comunidade Autónoma de Galicia.

A comunidade pasa a exercer, nos termos establecidos no Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo, as funcións correspondentes ó persoal que figura na relación adxunta número 1.

C) Medios persoais que se traspasan.

O persoal que se traspasa é o que se detalla na relación adxunta número 1, con indicación do corpo ou escala á que están adscritos ou asimilados, número de rexistro e retribucións básicas e complementarias, de acordo todo iso co que consta nos seus expedientes persoais.

O Organismo Autónomo de Traballo e Prestacións Penitenciarias notificaralles ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa tan pronto como o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto.

Seralles remitida ós correspondentes órganos da Comunidade Autónoma unha copia certificada dos expedientes do persoal traspasado, así como as certificacións de haberes correspondentes ó exercicio de 1999.

D) Valoración das cargas financeiras correspondentes á ampliación.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, lles corresponde ós servicios e medios traspasados elévase a 62.322.556 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1999, que corresponde ó custo efectivo anual dos servicios e medios traspasados detállanse na relación adxunta número 2.

3. O custo efectivo, que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 2, será financiado da seguinte forma:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o dito custo efectivo financiarase mediante a consolidación na Sección 32 dos orzamentos xerais do Estado dos créditos relativos ós distintos compoñentes do custo, que serán susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización, se é o caso, ó peche do exercicio económico mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

E) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes da publicación do real decreto polo que se aprobe este acordo.

F) Data de efectividade do traspaso.

A ampliación de medios, obxecto deste acordo, terá efectividade a partir do 1 de xaneiro do ano 2000.

E para que conste, expedimos esta certificación en Madrid o 8 de outubro de 1999. Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín. Ssecretarios da Comisión Mixta.

Relación número 2

Valoración do custo efectivo dos medios

que se traspasan

Capítulo I

Gastos de persoal

Servicio: 16.201.

Programas: 144B.

Desagregación:

Pesetas

120.01 41.308.960

120.05 4.689.930

121.00 17.898.936

121.01 12.627.336

122.02 75.492

Total 76.600.654