Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.429

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1750/1999, do 19 de novembro, sobre ampliación de medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, en materia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

A Constitución, no artigo 149.1.13.ª reserva ó Estado a competencia exclusiva sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, establecendo no mesmo artigo 149.1.7.ª, que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación laboral, sen prexuízo da súa execución polos órganos das comunidades autónomas.

Así mesmo, no artigo 149.1.30.ª da Constitución, establécese a competencia exclusiva do Estado sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución; artigo este que recoñece, pola súa banda, o papel dos poderes públicos en canto a programación xeral do ensino, inspección e homologación do sistema educativo, para garanti-lo cumprimento das leis. Pola súa banda, o artigo 30 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, remite a ordenación da formación profesional ocupacional á súa normativa específica de carácter laboral.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, dispón no seu artigo 29.1º que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, competencias e servicios que nese ámbito, e a nivel de execución, ten actualmente o Estado, e no artigo 30.1.1) que lle corresponde, nos termos dispostos nos artigos 38, 131 e 149.1.11.ª e 13.ª da Constitución, a competencia exclusiva sobre o fomento e a planificación da actividade económica en Galicia. Por outra parte, o artigo 31 do propio Estatuto de autonomía establece que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 desta, o desenvolvan, das facultades que

lle atribúe ó Estado o artigo 149.1.30.ª da Constitución e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía.

Ademais, polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, aprobouse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia de funcións e servicios en materia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

Procede efectuar agora, sobre as mesmas previsións constitucionais e estatutarias, unha ampliación de medios na materia citada.

Finalmente, o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, determina as normas e o procedemento a que se deberán axusta-los traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 8 de outubro de 1999, o oportuno acordo, do cal a virtualidade práctica esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 19 de novembro de 1999,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto para Galicia, adoptado polo Pleno o día 8 de outubro de 1999, polo que se amplían os medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación, e que se transcribe como anexo deste real decreto.

Artigo 2º

O Instituto Nacional de Emprego, ou demais órganos competentes, realizará as operacións requiridas para a posta ó dispor da Comunidade Autónoma de Galicia das contías aprobadas, de conformidade co parágrafo B) do acordo, e terá efectividade na data sinalada nel.

Disposición derradeira

Única.-Este real decreto será publicado simultaneamente no BOE, e no Diario Oficial de Galicia, e adquirirá vixencia o día seguinte ó da súa publicación.

Dado en Madrid o 19 de novembro de 1999.

Ángel Acebes PaniaguaJuan Carlos R.

Ministro de Administracións

Públicas

ANEXO

Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma

de Galicia, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que no Pleno da Comisión Mixta de Transferencias, que tivo lugar o día 8 de outubro de 1998, se adoptou acordo sobre ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación, nos termos que a seguir se expresan:

A) Normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara o traspaso.

A Constitución no artigo 149.1.13.ª, resérvalle ó Estado a competencia exclusiva sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, establecendo, no mesmo artigo 149.1.7.ª, que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación laboral, sen prexuízo da súa execución polos órganos das comunidades autónomas.

No artigo 149.1.30.ª da Constitución, establécese a competencia exclusiva do Estado sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución; artigo este que recoñece, pola súa banda, o papel dos poderes públicos en canto a programación xeral do ensino, inspección e homologación do sistema educativo, para garanti-lo cumprimento das leis. Pola súa banda o artigo 30 da Lei orgánica 1/ 1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, remite a ordenación da formación profesional ocupacional á súa normativa específica de carácter laboral.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no artigo 29.1º que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, competencias e servicios que neste ámbito, e a nivel de execución, ten actualmente o Estado; e, no artigo 30.1.1), que lle corresponde nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11,ª e 13,ª da Constitución, a competencia exclusiva sobre o fomento e a planificación da actividade económica en Galicia. Por outra parte, o artigo 31 do propio Estatuto de autonomía establece que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe

ó Estado o artigo 149.1.30ª, da Constitución, e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía.

O Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, efectuou o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

Procede agora realizar unha ampliación dos medios traspasados á Comunidade polo real decreto citado.

B) Valoración das cargas financeiras.

Transfírese á Comunidade Autónoma de Galicia, por unha soa vez e sen integrarse no custo efectivo dos servicios traspasados, a cantidade de 100.000.000 de pesetas en concepto de gastos para a adecuación do Centro Nacional Coia-Vigo, con cargo ós créditos do capítulo VII do Orzamento do Instituto Nacional de Emprego.

C) Data de efectividade do traspaso.

A ampliación de medios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de xaneiro do ano 2000.

E para que conste, expídese esta certificación en Madrid, 8 de outubro de 1999. Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín. Secretarios da Comisión Mixta.