Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 09 de decembro de 1999 Páx. 14.427

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1749/1999, do 19 de novembro, sobre ampliación de funcións e servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polos reais decretos 1283/1987, do 2 de outubro, e 1378/1997, do 29 de agosto, en materia de ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras.

Mediante o Real decreto 1283/1987, do 2 de outubro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Administración do Estado en materia de ensino profesional náutico-pesqueiro.

Posteriormente, polo Real decreto 1378/1997, do 29 de agosto, foron ampliadas as funcións traspasadas coas correspondentes á expedición de tarxetas de patrón de pesca local mecánico de litoral, patrón de 2ª clase de pesca litoral, patrón local de pesca e patrón costeiro e polivalente.

Na actualidade, procede efectuar unha ampliación das funcións e servicios que foron traspasados nos referidos reais decretos, coas correspondentes á expedición de tarxetas das titulacións náutico-pesqueiras reguladas polo Real decreto 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación de determinados profesionais da mariña mercante e do sector pesqueiro.

O Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, determina as normas e o procedemento a que se han de axusta-los traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 8 de outubro de 1999, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros, na súa reunión do día 19 de novembro de 1999,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se amplían as funcións e servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polos reais decretos 1283/1987, do 2 de outubro, en materia de ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras, e 1378/1997, do 29 de agosto, adop

tado polo Pleno da dita comisión, na súa sesión do día 8 de outubro de 1999, e que se transcribe como anexo ó presente real decreto, nos termos alí especificados.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasadas as funcións e servicios á Comunidade Autónoma de Galicia, así como os créditos orzamentarios correspondentes que figuran nas relacións adxuntas ó propio acordo da comisión mixta e que se inclúen como anexo ó presente real decreto, nos termos e condicións que alí se especifican.

Artigo 3º

A ampliación de funcións e servicios a que se refire o presente real decreto terá efectividade a partir da data sinalada no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación produza os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tiveran no momento da adopción do acordo, ata a data de entrada en vigor del.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen de acordo coa relación número 1 serán dados de baixa nos conceptos de orixe e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado destinados a financia-los servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que se remitan ó departamento citado, por parte da Oficina Orzamentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os certificados de retención de crédito, para dar cumprimento ó disposto na vixente Lei de orzamentos xerais do Estado.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia o día seguinte ó da súa publicación.

Dado en Madrid o 19 de novembro de 1999.

Ángel Acebes PaniaguaJuan Carlos R.

Ministro de Administracións

Públicas

ANEXO

Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias, prevista na disposición transitoria cuarto do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que no Pleno da comisión mixta, que tivo lugar o día 8 de outubro de 1999, se adoptou un acordo sobre ampliación das funcións e servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade

Autónoma de Galicia polos reais decretos do 2 de outubro e 1378/1997, do 29 de agosto, en materia de ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras, nos termos que a continuación se expresan:

A) Competencias que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo Real decreto 1283/1987, do 2 de outubro, transpasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Administración do Estado en materia de ensino profesional náutico-pesqueiro.

Posteriormente, polo Real decreto 1378/1997, do 29 de agosto, foron ampliadas as funcións traspasadas coas correspondentes á expedición de tarxetas de patrón de pesca local mecánico de litoral, patrón de 2ª clase de pesca litoral, patrón local de pesca e patrón costeiro e polivalente.

Na actualidade, procede efectuar unha ampliación das funcións e servicios que foron traspasados nos referidos reais decretos, coas correspondentes á expedición de tarxetas das titulacións náutico-pesqueiras reguladas polo Real decreto 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación de determinados profesionais da mariña mercante e do sector pesqueiro.

B) Servicios e institucións que se traspasan.

A Comunidade Autónoma de Galicia, para o ámbito do seu territorio, asume as funcións e servicios da Administración do Estado correspondentes á expedición de tarxetas das titulacións náutico-pesqueiras reguladas no Real decreto 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación de determinados profesionais da mariña mercante e do sector pesqueiro, e das antigas titulacións náutico-pesqueiras que foron derrogadas por este, así como os demais títulos e tarxetas correspondentes a tódalas titulacións profesionais náutico-pesqueiras.

O exercicio destas funcións realizarase de conformidade cos criterios establecidos pola normativa que en uso das súas competencias estableza o Estado.

C) Bens, dereitos e obrigas da Administración do Estado obxecto de traspaso.

Non existen bens, dereitos e obrigas neste traspaso.

D) Persoal adscrito ós servicios e institucións que se traspasan.

Non existe persoal adscrito ós servicios que se traspasan.

E) Valoración definitiva das cargas financeiras dos servicios que se traspasan.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, corresponde ós medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 2.894.801 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1999, que corresponde ó custo efectivo anual dos medios que se traspasan detállase na relación número 1.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 1 financiarase do seguinte xeito:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o custo total financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo, polos importes que se determinan, susceptibles de actualización polos mecanimos xerais en cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio, a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización no momento do peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

F) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a entrada en vigor do real decreto polo que se aproba este acordo, subscribíndose, para tal efecto, a correspondente acta de entrega e recepción.

G) Data de efectividade dos traballos.

A ampliación obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de xaneiro do ano 2000.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid o 8 de outubro de 1999.

Juan Palacios Benavente e Alfonso Vaquero Marín. Secretarios da Comisión Mixta.

Relación nº 1

Valoración dos custos da transferencia de ensinanzas profesionais en materia náutico-pesqueira na Comunidade Autónoma de Galicia

Custos centrais:

Pesetas

Capítulo I. Gastos de persoal

Servicio 09

Programa 711 A

Artigo 12 3.558.000

Total 3.558.000