Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de outubro de 1999 pola que se autoriza a transmisión intervivos da concesión da batea Albita (Cangas B-51).

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Albita, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 11-10-1999, Carlos Piñeiro Hermo, no nome e representación de Cria

deros de Mariscos, S.A. (Crimasa) solicitou autorización para trasmisión da concesión da batea Albita.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos vivieiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución.

Autoriza-la trasmisión intervivos, a favor de Daso-Mar, S.L. (DNI/NIF B-36141729), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación.

Tipo: batea.

Nome: Albita.

Localización: Cangas B, 51

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 12-7-1968 (BOE/Diario Oficial de Galicia nº 185, do 2 de agosto).

Remate vixencia: 2-8-2008.

Actual titular: Criaderos de Mariscos, S.A. (Crimasa) (DNI/NIF A-15056815).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de trasmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación

requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Segundo os datos que constan na delegación territorial, a batea figura coas seguintes anotacións preventivas de embargo:

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cangas (xuízo executivo 75/1991).

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cangas (xuízo executivo 108/1994).

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cangas (xuízo executivo 207/1994).

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira (xuízo executivo 10/1997).

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira (xuízo executivo 420/1996).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xursidicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrtivo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 18 de outubro de 1999.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra