1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza en varios locais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: cinco (5) lotes.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro do ano 2000 e prorrogable por un ano máis.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Lote 1: 7.000.000 de ptas. (42.071 euros).
Lote 2: 7.000.000 de ptas. (42.071 euros).
Lote 3: 6.500.000 ptas. (39.066 euros).
Lote 4: 4.000.000 de ptas. (24.040 euros).
Lote 5: 7.000.000 de ptas. (42.071 euros).
5. Garantías.
Provisional: 2% de licitación do lote ou lotes ofertados.
Definitiva: 4% de licitación do lote ou lotes adxudicados.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral (Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 38.
e) Telefax: 981 54 57 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: exenta.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 4 de xaneiro de 2000.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
e) Data: 11 de xaneiro de 2000.
f) Hora: 13 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria