Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios do Deza (AED).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foi depositada a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación de Empresarios do Deza (AED), consistindo a dita modificación, entre outros extremos, na

traducción da denominación e de todo o texto dos estatutos ó galego e así mesmo da inclusión do sector agrogandeiro dentro dos colectivos integrantes da AED, que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: sectores da agricultura, gandería, comercio, industria e servicios.

Asinan a acta de constitución: José R. González López e Ramiro Ruibal Fuentes.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 2 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo