Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Parada de Valdohome, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso PO/11/98.

No organismo autónomo Augas de Galicia recibíronse varias peticións de outorgamento de concesión para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do río Parada de Valdohome, presentadas cos proxectos das obras e estudios ambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbense os peticionarios do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo constar, de se-lo caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención das clases de estudios ambientais achegados polos promotores, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, que aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do

14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponde facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público nos taboleiros de anuncios das casas dos concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixir ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro do 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e do estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

Servicios centrais do departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais de Tracidi, S.L. e de Técnicos Asociados Gallegos, S.L. (Salto de Bico do Foxo).

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: r/ Benito Corbal, 47, 4ª planta-36071 Pontevedra.

Concello da Lama: Avda. de José Antonio, 1, 36830 A Pedreira (A Lama-Pontevedra).

Concello de Fornelos de Montes: Concello, s/n, 36847 A Igrexa (Fornelos de Montes-Pontevedra).

-Estudio de efectos ambientais de Compañía Gallega de Minicentrales, S.A. e de Técnicos Asociados Gallegos, S.L. (Salto de Laxe).

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: r/ Benito Corbal, 47, 4ª planta-36071 Pontevedra.

Concello de Fornelos de Montes: Concello, s/n, 36847 A Igrexa (Fornelos de Montes-Pontevedra).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.

Enderezo: rúa do Paseo, 25, entreplanta, 32003 Ourense.

Representante: José Luis Suárez Gutiérrez.

Denominación do aproveitamento: Salto de Bico do Foxo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 4.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Parada de Valdohome (cota aliviadoiro do azude: 366).

Corrente de restitución: río Parada de Valdohome (cota de restitución ó leito: 307).

Desnivel (salto bruto): 59 m.

Altura do azude: 9,5 m (entre a coroación e o punto máis baixo da superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 2x1.125 kVA.

Termos municipais onde radican a toma e demais obras: concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e perfil transversal tipo Creager. A lonxitude da coroación é de 34 m, dos que 16,50 se constitúen en vertedoiro. A coroación dos caixeiros do azude está á cota 370

e o nivel normal de encoro á cota 366. Á dereita do vertedoiro sitúase a estructura da toma e á esquerda a escala de peixes. Previuse tamén un desaugadoiro de fondo.

-Canle de derivación e cámara de carga:

Trala toma de auga hai unha canle rectangular de 1.500 m de lonxitude e dimensións 2,00x1,60 escavado sobre o terreo, que remata nunha cámara de carga con capacidade para 120 m.

-Conducción á presión:

Ten unha lonxitude de 220 m e un diámetro de 1.300 mm, salvando o desnivel entre as cotas 362,80 e 307 pola marxe dereita do río, estando proxectada en encanamento de aceiro.

-Central:

Será de planta rectangular, con dimensións exteriores 12,20x6,15 e altura 6,55 con cerramento de bloques de formigón. En canto ó acceso, proxéctase acondicionar un camiño que parte desde a estrada Vilán-Fondo de Vila, cunha lonxitude de 1.500 m.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios.

Concello: A Lama (Pontevedra)

PROPIETARIOSUP (M)

DOMINGO PEREIRAS JOSE632

TABOADA CAMPOS JOSÉ272

MONTOUTO PEREIRAS CONSUELO87

DOMÍNGUEZ PEREIRAS JOSÉ398

NEIRA PEREIRAS HROS. DE BENITO144

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ CARMEN348

OTERO SALGUEIRO CARLOS531

CAPITÁN REIMÚNDEZ JOSÉ713

FARIÑA ESPINO MARÍA330

PARDO FERNÁNDEZ ROSALÍA405

FERNÁNDEZ MANUEL306

LEDO MONTEIRO MANUEL976

LÓPEZ LÓPEZ RAMÓN187

PEREIRAS OTERO MANUEL1.034

GARCÍA FUCIÑOS GUMERSINDA192

GÓMEZ PENA CARMEN238

REY CASTRO MANUEL209

OUZANDE PEREUIRAS MANUEL241

ÁLVAREZ ESPIÑO CONCEPCIÓN214

AMIGO REBOREDO MANUEL317

BEIS REY MANUEL220

LÓPEZ LÓPEZ RAMÓN495

PARDO PENA MANUEL215

CONSTENLA AMENJEIRAS JOSÉ304

MONTOUTO PEREIRAS CONSUELO207

BASCUAS GARCÍA EDUARDO339

CERDEIRA PARADA EVARISTO210

GARCÍA BERNÁRDEZ CONCEPCIÓN287

MONTOUTO PEREIRAS CONSUELO179

CAMANZO GARCÍA RAMIRO290

SOTO GARCÍA CARMEN624

ESPIÑO LAMAS JOSÉ449

MATOS FERNÁNDEZ JOSEFA315

CAMANZO GARCÍA RAMIRO278

PROPIETARIOSUP (M)

MONTOUTO PEREIRAS CONSUELO718

FERNÁNDEZ MANUEL294

ESPIÑO CAMPOS MANUEL415

PARDO FERNÁNDEZ ROSALÍA287

PUENTE AVELINA421

REY SOUTO DOLORES 279

CERDEIRA PARADA EVARISTO218

CAMANZO GARCÍA ANTONIO285

GARCÍA AMIGO CONCEPCIÓN269

TORRES ROSENDO PERFECTO298

Concello: Fornelos de Montes (Pontevedra)

PROPIETARIOSUP (M)

CALVEIRO FONTELA ENRIQUE712

GÓMEZ BARREIRO HROS. DE FRANCISCO96

GÓMEZ SUEIRO JESÚS75

CASTRO FERNÁNDEZ HROS. DE JUAN36

GÓMEZ BARREIRO HROS. DE FRANCISCO15

BEIS REY MANUEL216

BRANDARIZ BECERRA SANTIAGO422

BRANDARIZ BECERRA FÉLIX421

GÓMEZ HROS. DE MANUEL784

CURROS LAREO BENJAMÍN5

LUGO VILLAR ALFONSO312

BRANDARIZ BECERRA SANTIAGO714

BRANDARIZ BECERRA FÉLIX406

LUGO VILLAR ALFONSO513

NOVO IGLESIAS MANUEL162

PARDO OTERO RAMÓN45

GONZÁLEZ NOVO JOSÉ168

LUGO VILLAR ALFONSO411

GÓMEZ SUEIRO JESÚS234

GÓMEZ HROS. DE MANUEL394

CURROS RÍOS HROS. DE JOSÉ351

BREY OROSA JESÚS294

BRANDARIZ BECERRA FÉLIX264

PARDO OTERO RAMÓN60

COSTA CASTRO HROS. DE ANDRÉS1.026

BEIS REY MANUEL546

GÓMEZ SUEIRO NIEVES576

VILAS MOLAO CLARA313

GÓMEZ BARREIRO HROS. DE FRANCISCO406

NOVO IGLESIAS MANUEL646

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.

Enderezo: rúa do Paseo, 25, entreplanta, 32003 Ourense.

Representante: José Luis Suárez Gutiérrez.

Denominación do aproveitamento: salto de Laxe.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 1.700 l/sg do río Parada de Valdohome e 500 l/sg da barranqueira de Fonte Casariños.

Correntes de derivación: río Parada de Valdohome (cota aliviadoiro do azude: 751) e barranqueira de Fonte Casariños (cota aliviadoiro do azude: 753).

Corrente de restitución: río Parada de Valdohome (cota de restitución ó leito: 307).

Desnivel (salto bruto): 209 m.

Altura do azude: 8 m na barranqueira de Fonte Casariños e 8,5 m no río Parada de Valdohome (entre a coroación e o punto máis baixo da superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 3.458 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azudes e canle de comunicación:

O azude da barranqueira de Fonte Casariños será de gravidade de planta recta e perfil transversal tipo Creager. A lonxitude da coroación é de 41 m, dos que 15 se constitúen en vertedoiro. A coroación dos caixeiros do azude está á cota 755,5 e o nivel normal de encoro á cota 753. Á dereita do vertedoiro sitúase a estructura da toma e á esquerda a escala de peixes. Previuse tamén un desaugadoiro de fondo. Farase un camiño de acceso de 1.500 m desde a poboación da Airoa. A auga tomada do azude da barranqueira de Fonte Casariños derívase ó do río Parada de Valdohome mediante unha canle de 1.800 m de lonxitude escavada nunha gabia sobre o terreo, con dimensións interiores de 0,8x0,8. O azude no río Parada de Valdohome será de gravidade de planta recta e perfil transversal tipo Creager. A lonxitude da coroación é de 42 m, dos que 15 se constitúen en vertedoiro. A coroación dos caixeiros do azude está á cota 754 e o nivel normal de encoro á cota 751. Á dereita do vertedoiro sitúase a

estructura da toma e á esquerda a escala de peixes. Previuse tamén un desaugadoiro de fondo. Farase un camiño de acceso de 1.400 m desde a poboación da Airoa, paralelo ó río Parada.

-Canle de derivación e cámara de carga:

Trala toma de auga no río Parada hai unha canle rectangular de 2.400 m de lonxitude e dimensións 1,40x1,25 escavada sobre o terreo, que remata nunha cámara de carga con capacidade para 120 m.

-Conducción á presión:

Ten unha lonxitude de 505 m e un diámetro de 850 mm, salvando o desnivel entre as cotas 749,08 e 544 pola marxe dereita do río, estando proxectada en encanamento de aceiro.

-Central:

Será de planta rectangular, con dimensións exteriores 12,20x6,15 e altura 6,55 con cerramento de bloques de formigón. En canto ó acceso, proxéctase un camiño de 50 m. que parte desde o camiño O Cruceiro-A Airoa.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios.

Concello: Fornelos de Montes (Pontevedra)

PROPIETARIOSUP (M)

CASAL HROS. DE RAMONA5

PULLEIRO GARCÍA MANUEL203

PEDREIRO PIÑEIRO PURIFICACIÓN5

CASAL HROS. DE MANUEL111

PEDREIRA PIÑEIRO MARÍA5

PEREZ SÁNCHEZ HROS DE FERANCISCO842

SEXTO CALVO MARÍA5

CARREGA CASAL MARÍA68

PULLEIRO GARCÍA FRANCISCO5

CASAL SÁNCHEZ HROS. DE RAMÓN88

SÁNCHEZ ORO HROS. DE MANUEL83

GARCÍA CASAL HROS. DE MANUEL91

MOURIÑAO PULLEIRO MANUEL48

CASAL GARCÍA MARÍA86

SEXTO COSTA CARMEN46

CASAL SÁNCHEZ MANUEL683

PEDREIRA PIÑEIRO MARÍA28

DESCOÑECIDO880

PEDREIRO SILVA JOSÉ21

VECIÑOS DE MOURAZO E SANXURXO423

SEXTO CALVO LEONOR14

DESCOÑECIDO962

CASAL HROS. MANUEL8

DESCOÑECIDO121

SEXTO SEXTO CELESTINO10

PEREIRO SÁNCHEZ DOLORES91

CASAL HROS. DE RAMONA23

PÈREIRO GARCÍA JOSÉ911

SEXTO CALVO AVELINA43

BARRIO PEREIRO OLIVIA23

SEXTO SEXTO CELESTINO34

DESCOÑECIDO943

SEXTO CALVO AVELINA21

BARRIO PEREIRO OLIVIA151

SEXTO CALVO MARÍA18

PENAS CHORÉN JESÚS88

CASAL SÁNCHEZ MANUEL24

CASAL SÁNCHEZ MANUEL41

MOURIÑO PULLEIRO CARMEN17

GIL SOUTO ASCENSIÓN24

PEDREIRO PIÑEIRO PURIFICACIÓN12

PENAS CHOREN JESÚS32

PEDRIRO PIÑEIRO MARÍA10

PULLEIRO GARCÍA JOSÉ61

SEXTO SEXTO CELESTINO25

PEREIRO GARCÍA JOSÉ56

PULLEIRO GARCÍA JOSÉ27

PEREIRO GARCÍA JESUSA67

SANCHEZ ORO HROS. DE MANUEL25

PENAS BARREIRO64

SEXTO VÁZQUEZ CARMEN28

PEREIRO CONCHEIRO FLORA62

PÉREZ SÁNCHEZ HROS. DE FRANCISCO22

PENAS CHORÉN MANUEL68

MOURIÑO SALGADO FRANCISCO31

GARCÍA EIRAS HROS. DE JUANA31

SÁNCHEZ CALVO JESUSA5

BARRIO FERNÁNDEZ MANUEL34

SEXTO COSTA EMILIO603

PENAS CHORÉN JESÚS76

SEXTO CALVO LEONOR122

PEREIRO GARCÍA JOSÉ42

SEXTO VÁZQUEZ JOSÉ523

AGRA CALVO JOSÉ34

SEXTO SEXTO CELESTINO881

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Compañía Gallega de Minicentrales, S.A.

Enderezo: r/ Hórreo, 35-entreplanta, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Manuel Peiró Herrera.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico nos ríos Parada de Valdohome e barranqueira de Fonte Casariños.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 1.800 l/sg.

Correntes de derivación: río Parada de Valdohome (cota aliviadoiro do azude: 812,5) e barranqueira de Fonte Casariños (cota aliviadoiro do azude: 812).

Corrente de restitución: río Parada de Valdohome (cota de restitución ó leito: 544).

Desnivel (salto bruto): 267 m.

Altura do azude: 8 m na barranqueira de Fonte Casariños e 6,7 m no río Parada de Valdohome (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 4.200 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azudes e canles de comunicación:

O aproveitamento consta de dous azudes. O azude secundario está na barranqueira de Fonte Casariños, uns 200 m augas arriba da barranqueira de Fonte Uceira. Deste azude parte un encanamento de derivación de aceiro, diámetro 700 mm e lonxitude 2.200 m, que conduce ó azude principal, sito no río Parada, 200 m augas abaixo do regato que descende de Pena Corbeta Grande. O azude do río Parada é de gravidade, de 2,5 m de altura sobre o leito ata o limiar do aliviadoiro, que está á cota 812,5. Prevese unha lonxitude de coroación de 18 m e lonxitude de vertedoiro de 12 m. O azude secundario tamén é de gravidade cunha altura de 2 m sobre o leito ata o limiar do aliviadoiro, que está na cota 812,5. Prevese unha lonxitude de coroación de 16 m e lonxitude de vertedoiro de 10 m. As captacións irán somerxidas na marxe dereita, dispoñéndose escalas de peixes nas marxes opostas. Ámbolos azudes disporán dun desaugadoiro de fondo. Para o acceso ó azude secundario hai un camiño que parte da Airoa. O

acceso ó azude principal será desde o secundario, paralelo ó encanamento.

-Encanamento de derivación e encanamento forzado:

Ámbolos encanamentos serán de aceiro, realizándose directamente a unión entre ambos, sen dispoñer de cheminea de equilibrio. O encanamento de derivación terá unha lonxitude de 1.900 m cun diámetro de 1.100 mm, mentres que o encanamento forzado terá unha lonxitude de 800 m e un diámetro de 1.000 m.

-Edificio da central:

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións en planta de 16,40x14,10 m, muros revestidos exteriormente de pedra e cuberta de lousa negra. Para acceder á central aproveitarase a estrada que vai de Entrerríos á Airoa.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Tracidi, S.L.

Enderezo: Avda. de Vigo, 39, 1º B. Pontevedra.

Representante: Francisco Javier Bastón Pereiro.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico da minicentral do Parada baixo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 4.700 l/sg.

Corrente de derivación: río Parada de Valdohome (cota normal de encoro: 365,2).

Corrente restitución: río Parada de Valdohome (cota restitución ó leito: 263,15 m).

Desnivel (salto bruto): 102,05 m.

Altura do azude: 7,1 m (entre a coroación e o punto máis baixo da superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 2x2.250 kVA.

Termos municipais onde radican a toma e demais obras: concellos da Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude é de gravidade, feito de formigón en masa H-150, con cota na base 362,70 e cota de aliviadoiro 365,20. O aliviadoiro ten un perfil tipo Creager e unha lonxitude de 17 m. Dotarase dun desaugadoiro de fondo e unha escala de peixes. Para a toma farase unha fiestra no azude na súa marxe dereita. O acceso ó azude realizarase utilizando o camiño que accede ó Eido Branco, realizando unha prolongación nos últimos 350 m.

-Canle de derivación e cámara de carga:

Vai desde a toma ata a cámara de carga, cunha lonxitude total de 2.100 m e unhas dimensións inte

riores de 2,2x1,75 m, realízase en formigón H-200, paralela a el disponse unha pista de acceso en toda a lonxitude.

-Encanamento forzado:

É de aceiro soldado helicoidalmente, cunha lonxitude total de 320 m, un diámetro de 1.500 mm e unha espesura de 10 mm.

-Central:

Terá unhas dimensións en planta de 11 mx20,70 m, unha altura de 8,5 m, con estructura de formigón armado con forxado, e cuberta de tella. Como acceso á central farase unha pista de 200 m desde o camiño á Fraga.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.