Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación.

Por Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto (DOG nº 189, do 1 de outubro), aprobouse o acordo do Pleno da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, de data 31 de xullo de 1997, polo que se lle traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación que, ata a data de efectividade do traspaso, eran competencia do Instituto Nacional de Emprego. Os medios traspasados foron ampliados e modificados polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro (DOG nº 43, do 4 de marzo), polo que se aprobou o acordo do Pleno da Comisión do 23 de xaneiro.

Entre os medios persoais que se traspasan, citados nominalmente nas relacións anexas dos reais decretos de transferencia, atópanse funcionarios ós que, como consecuencia do previo desenvolvemento do Plan de Emprego do Instituto, aprobado por resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública do 19 de xuño de 1995 (BOE nº 149, do 23), se lles suprimiron os seus postos de destino definitivo no organismo, sendo adscritos provisionalmente, mediante comisión de servicio, a uns novos postos de traballo situados en distintas localidades. O devandito plan de emprego prevía unha serie de medidas que non remataron por efectuarse

a transferencia no período de desenvolvemento del, o que motiva que o referido persoal fose transferido na situación anteriormente indicada.

Entre as medidas do devandito plan de emprego estableceuse un plan de actuacións en materia de reasignación de efectivos, así como uns criterios de xestión relativos á mobilidade do persoal afectado, e prevese a posibilidade da autorización de concursos de provisión de postos de traballo limitados ó persoal dos ámbitos que se determinasen. Neste sentido, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, no artigo 20.1º.c) que ten o carácter de base do réxime estatutario dos funcionarios públicos, establece que as administracións públicas poderán autoriza-la convocatoria de concursos de provisión de postos de traballo dirixidos ós funcionarios destinados nas áreas, sectores ou departamentos que se determinen.

En consecuencia, ante a situación administrativa de diversos funcionarios transferidos procedentes do Instituto Nacional de Emprego e tendo en conta as medidas previstas no mencionado plan e facendo uso da posibilidade excepcional de convocar concursos restrinxidos establecida pola normativa vixente, co obxecto de acada-la total regularización da situación dos afectados, realízase a convocatoria do presente concurso no que se ofertan, exclusivamente, os postos de traballo vacantes ocupados polos/as funcionarios/as adscritos provisionais, no que poderán participar tódolos interesados que reúnan os requisitos dos postos conforme as vixentes relacións de postos de traballo que estean incluídos nos respectivos anexos dos reais decretos de transferencias xa citados previamente.

Por isto

DISPOÑO:

Bases

I. Requisitos de participación.

I.1. Só poderá participar neste concurso o persoal funcionario transferido nos R.D. 1375/1997, do 29 de agosto e do R.D. 232/1998, do 16 de febreiro, que reúnan os requisitos esixidos para desempeña-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I desta convocatoria, salvo aqueles que leven menos do dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso.

Ós funcionarios que accedesen a un corpo por promoción interna e permanecesen no posto de traballo que desempeñaban, computaráselle-lo tempo de servicios prestados no dito posto no corpo de procedencia para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

I.2. Están obrigados a participar neste concurso os funcionarios da Administración da Xunta de Galicia ós que se refire a base I.1 que estean na situación prevista no artigo 58 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril. No suposto de incumprimento do anterior,

serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

I.3. Poderán solicitarse por orde de preferencia as vacantes que se inclúen no anexo I desta orde, sempre que se reúnan as condicións esixidas nel.

Os erros manifestos que puideran advertirse poderán ser emendados de oficio ou por petición da parte interesada e serán apreciados libremente por parte da comisión de valoración á que se fai referencia na base VI.

I.4. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

II. Valoración de méritos.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

II.1. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo.

Os méritos específicos que se expresan para cada posto de traballo no anexo I a esta orde valoraranse da seguinte forma:

a) Por posuí-la titulación que especificamente se menciona no citado anexo I: 1,5 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses da experiencia que se menciona no citado anexo I: 0,30 puntos. Para estes efectos os servicios prestados en comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

c) Por posuí-los coñecementos que se mencionan no citado anexo I, acreditados mediante cursos: 0,10 puntos por curso.

No caso de non especificarse o curso en concreto no anexo I, só se terán en conta aqueles organizados e impartidos directamente polos organismos ós que fai referencia a base II.4

A puntuación das alíneas b) e c) non poderá supera-lo máximo de 1,5 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 3 puntos.

II.2. Grao persoal consolidado.

Polo nivel 10 de grao consolidado: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 4 puntos.

Nos supostos en que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao personal ou este sexa inferior a 10 computarase, para os efectos de puntuación neste epígrafe o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo do corpo ou da escala á que pertenza o funcionario.

II.3. Valoración do traballo desenvolvido.

A valoración do traballo desenvolvido efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

Só se computarán os traballos desenvolvidos nos últimos cinco anos como funcionario de carreira nos distintos grupos.

A valoración efectuarase da seguinte forma:

a) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,60 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior o posto desempeñado ata dous niveis: 0,40 puntos

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ó desempeñado: 0,20 puntos.

d) Por permanecer no mesmo posto nos últimos 5 anos: 0,15 puntos por cada ano ou fracción superior a 6 meses.

Exclúense desta puntuación, de se-lo caso, aqueles anos que correspondan ós dous de permanencia obrigatoria tras obtela praza de que se trate por concurso.

Para os efectos anteriores, os servicios prestados na situación de comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

Puntuación máxima deste epígrafe: 3,75 puntos.

II.4. Cursos de formación e perfeccionamento.

Por cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, INAP, escolas oficiais de formación das restantes Comunidades Autónomas, universidade e INEM, así como os cursos con informe favorable da EGAP ou homologados por esta ou polo INAP, todos eles relacionados coas funcións propias do posto ó que se opte.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Por cada curso de aproveitamento igual ou superior a 40 horas lectivas: 0,40 puntos.

b) Por cada curso de aproveitamento inferior a 40 horas: 0,25 puntos.

c) Por cada curso con diploma de asistencia: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 3 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Non se puntuarán os cursos que xa foron valorados noutro epígrafe do baremo.

II.5. Grao de coñecemento do idioma galego.

Iniciación ó galego: 1 punto.

Perfeccionamento de galego: 2 puntos.

Linguaxe administrativa (nivel medio), nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega, os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, ós cursos, estudios ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

II.6. Antigüidade:

Servicios prestados nas administracións públicas:

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de servicios como funcionario de carreira: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 4,5 puntos.

Para estes efectos computaranse os recoñecidos polo órgano competente que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario.

II.7. Polo grupo ó que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos.

Por pertencer ó grupo A: 5 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 4 puntos.

Por pertencer ó grupo C: 3 puntos.

Por pertencer ó grupo D: 2 puntos.

Por pertencer ó grupo E: 1 puntos.

II.8. Titulacións académicas.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,20 puntos.

-Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,40 puntos.

-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 0,60 puntos.

-Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 0,80 puntos.

-Título de doutor: 1 punto.

Valoraranse as titulacións distintas á necesaria para o acceso ó grupo desde o que se concursa, agás que sirva de base para obte-la titulación superior que se invoque, valorándose, neste caso, só esta última.

Non se terán en conta as titulacións que servisen de base para a obtención dunha superior.

Non se valorarán as titulacións que se tivesen en conta na base II.1.a).

Puntuación máxima deste epígrafe: 3 puntos.

Para os efectos de equivalencia de titulacións, só se admitirán as establecidas polo Ministerio de Educación e Ciencia con carácter xeral e válidas para tódolos efectos (debendo citar a seguir a disposición na que se establece a equivalencia e o BOE no que se publica).

II.9. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nos diferentes epígrafes desta base.

Tódolos méritos determinados nesta base se computarán ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

De persisti-lo empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido e, de ser igual, polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 23 de febreiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 43, do 3 de marzo). En último lugar solventaríase por sorteo entre os implicados.

III. Documentación.

III.1. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan, acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

III.2. Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se xuntará coa instancia que se presente, segundo o modelo que figura como anexo III, debendo xunta-la dita certificación o funcionario competente que certifique as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e presentaranse cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se valorarán aqueles méritos que para a/as comisión/s non estivesen suficientemente acreditados. Estas certificacións serán expedidas polas unidades seguintes, de acordo co destino de cada funcionario.

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos: secretarios ou, se é o caso, funcionario responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

IV. Solicitudes.

IV.1. As solicitudes para tomar parte neste concurso dirixiranse ó director xeral da Función Pública

da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta orde, debendo presentarse a partir do día seguinte ó da finalización da publicación da convocatoria e dos seus anexos no DOG, ata o día 20 de xaneiro do ano 2000, nos rexistros xerais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.2. Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar, no caso de que lles fora adxudicado algún dos postos solicitados, a adaptación de medios materiais para o desempeño do dito posto, e a comisión de valoración poderá reclamarlle ó interesado, mediante entrevista, a información que considere precisa para a adaptación aducida, e igualmente, se é o caso, de consideralo oportuno, o dictame correspondente.

IV.3. Se por razóns de convivencia familiar estiveran interesados nas vacantes que se anuncian para este concurso para unha mesma localidade dous funcionarios, se reúnen os requisitos esixidos, aínda que pertenzan a distintos corpos ou escalas, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma localidade, entendéndose en caso contrario anulada a petición efectuada por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia e xuntar unha fotocopia da petición do outro funcionario.

IV.4. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias non poderá renunciarse ás solicitudes formuladas e estas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, tanto no que se refire á base I.3 como á I.4, salvo que se obteña outro destino mediante convocatoria pública antes de remata-lo prazo de toma de posesión.

V. Lista de admitidos e excluídos.

V.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, con indicación do lugar no que se atopan expostas.

V.2. Os excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,

contados a partir do seguinte ó da súa publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

VI. Comisión de valoración.

VI.1. A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada polas comisións de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna coa composición establecida nel. Estas comisións terán a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, e serán nomeadas polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

VI.2. Poderá nomearse máis dunha comisión de valoración cando fose necesario polo número de solicitantes.

Neste suposto corresponderalle á comisión de valoración número un resolver cantas consultas, interpretacións, criterios de valoración e de unificación poidan presentarse nas comisións sobre as normas que rexen o concurso, así como a coordinación das restantes comisións e recibi-los expedientes destas relativos ás correspondentes valoracións do concurso, e eleva-la proposta para a adxudicación da totalidade das prazas.

VI.3. A/as comisión/s poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores para aquelas tarefas que o requirisen. A proposta de designación destes faraa a comisión número un, procedéndose ó seu nomeamento polo órgano convocante.

VI.4. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá en todo caso sobre o concursante que obtivera maior puntuación conforme o baremo establecido na base II, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base II.8.

VI.5. Unha vez efectuada a proposta provisional da comisión de valoración para a adxudicación dos destinos, farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública. Os concursantes poderán formula-las oportunas reclamacións, se é o caso, contra a dita proposta ante esta dirección xeral no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación, que se presentarán no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería, ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VI.6. Examinadas e resoltas pola comisión/s as reclamacións, se é o caso, presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución do concurso, que será resolta por unha orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que figu

rarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das reclamacións entenderanse implícitas na citada orde.

VII. Adxudicación de destinos.

VII.1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito nos 3 días seguintes a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública.

VII.2. Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia, non xerarán dereito á indemnización.

VIII. Toma de posesión.

VIII.1. A toma de posesión en tódolos postos adxudicados como consecuencia da realización deste concurso terá lugar a partir da data que se faga constar na orde de resolución deste, desde a que se iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no arti

go 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

VIII.2. Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia.

IX. Recursos.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante no Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

VACANTES DO CONCURSO 06/99

CONSELLERÍA: FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

POSTOCÓDIGO DO POSTONIVELC. ESPEC.GRUPOSCORPO/ESCALADENOMINACIÓN DO POSTODEPENDENCIA(1) CONCEL.

1FA.C99.10.000.15001.163241,056,252BXERAL/ESPECIALTÉCNICO FORMACIÓN OCUPACIONALSERVICIOS PERIFÉRICOS15001

2FA.C99.20.901.15001.00722817,740A/B/CXERALSECCIÓN ADMINISTRATIVA 3SERVICIOS PERIFÉRICOS15001

3FA.C99.20.903.15001.00620613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS15001

4FA.C99.20.901.15090.00120613,320A/B/CXERAL/ESPECIALDIRECTOR O.E. 3SERVICIOS PERIFÉRICOS15090

5FA.C99.20.901.27001.00320613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS27001

6FA.C99.20.901.27001.00816511,116BXERALPOSTO BASE GRUPO BSERVICIOS PERIFÉRICOS27001

7FA.C99.20.901.27060.00118545,160B/C/DXERAL/ESPECIALDIRECTOR O.E. 4SERVICIOS PERIFÉRICOS27060

8FA.C99.20.901.27085.00312442,944DXERALPOSTO BASE GRUPO DSERVICIOS PERIFÉRICOS27085

9FA.C99.10.000.32001.08822817,740A/B/CXERALSECCIÓN ADMINISTRATIVASERVICIOS PERIFÉRICOS32001

10FA.C99.20.902.32001.00320613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS32001

11FA.C99.20.902.32001.00520613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS32001

12FA.C99.20.902.32001.00620613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS32001

13FA.C99.20.902.32001.01212442,944DXERALPOSTO BASE GRUPO DSERVICIOS PERIFÉRICOS32001

14FA.C99.20.901.32680.00116511,116B/C/DXERAL/ESPECIALDIRECTOR O.E.SERVICIOS PERIFÉRICOS32680

15FA.C99.20.901.36001.00620613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS36001

16FA.C99.20.901.36001.01612442,944DXERALPOSTO BASE GRUPO DSERVICIOS PERIFÉRICOS36001

17FA.C99.20.901.36050.00314477,012CXERALPOSTO BASE GRUPO CSERVICIOS PERIFÉRICOS36050

18FA.C99.20.901.36440.00316511,116B/C/DXERALNEGOCIADO ADMINISTRATIVOSERVICIOS PERIFÉRICOS36440

19FA.C99.10.000.36560.093241,056,252A/B/CXERALSECCIÓN SELECC. E AVALIAC. DE CENTROSSERVICIOS PERIFÉRICOS36560

20FA.C99.20.901.36560.00720613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS36560

21FA.C99.20.904.36560.00320613,320B/C/DXERALCOORDINADOR DE ÁREASERVICIOS PERIFÉRICOS36560

(1) CONCELLOS CODIFICADOS. A RELACIÓN DE CÓDIGOS ATOPARASE Ó REMATE DO ANEXO.

VACANTES DO CONCURSO 06/99

LISTAXE DE CÓDIGOS DE CONCELLOS

CÓDIGOCONCELLOPROVINCIA

15001A CORUÑA(A CORUÑA)
15090BETANZOS(A CORUÑA)
27001LUGO(LUGO)

CÓDIGOCONCELLOPROVINCIA

27060BECERREÁ(LUGO)
27085BURELA(LUGO)
32001OURENSE(OURENSE)
32680RIBADAVIA(OURENSE)
36001PONTEVEDRA(PONTEVEDRA)
36050CALDAS DE REIS(PONTEVEDRA)
36440REDONDELA(PONTEVEDRA)
36560VIGO(PONTEVEDRA)