Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999 pola que se fai público o acordo plenario do día 22 de novembro de 1999, sobre o alcance do artigo 11 m) da súa Lei constitutiva en relación coas reclamacións de danos e perdas que se formulen contra os entes locais.

De conformidade co establecido no artigo 22 g) do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funciona

mento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 22 de novembro de 1999, do Consello Consultivo de Galicia, sobre o alcance do artigo 11 m) da súa Lei constitutiva en relación coas reclamacións de danos e perdas que se formulen contra os entes locais, do teor literal seguinte:

«Primeiro.-Acordo interpretativo do Consello Consultivo de Galicia sobre o alcance do artigo 11 m)

da súa Lei constitutiva, en relación coas reclamacións de danos e perdas que se formulen contra os entes locais».

Por unanimidade, o Pleno deste alto órgano consultivo decide:

«Que o Consello Consultivo de Galicia é competente para a emisión de dictame preceptivo nos expedientes de reclamación que, en concepto de indemnización de danos e perdas, se formulen contra os entes locais da Comunidade Autónoma de Galicia».

Segundo.-Comunica-lo presente acordo á Presidencia da Xunta de Galicia e ás entidades locais galegas.

Terceiro.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia