Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 07 de decembro de 1999 Páx. 14.358

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Unha vez rematadas as tres convocatorias previstas nas disposicións transitorias décima e décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, e con carácter previo á declaración de laborais fixos a extinguir do persoal interino e contratado administrativo que non superaron o proceso selectivo consistente nun concurso-oposición nas citadas convocatorias, esta consellería, continuando co proceso racionalizador da Administración desta comunidade autónoma, de conformidade co establecido na citada lei, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o artigo 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificado pola Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e demais normas concordantes, acorda convoca-lo presente concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes e dotados orzamentariamente que se relacionan no anexo I da presente orde de conformidade coas seguintes

BASES:

I. Requisitos de participación.

I.1. Só poderán participar neste concurso os funcionarios/as da Administración xeral da Xunta de Galicia que reúnan os requisitos esixidos para desempeña-los postos ós que se opta, conforme o especificado en cada caso no anexo I desta convocatoria, salvo aqueles que leven menos de dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso.

Ós funcionarios que accederan a un corpo por promoción interna e permaneceran no posto de traballo que desempeñaban, computaráselle-lo tempo de servicios prestados no dito posto no corpo de procedencia, para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

I.2. Non poderá participa-lo persoal docente, investigador e sanitario ó que se refire o artigo 1.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, salvo para os postos de administración educativa, investigadora e sanitaria, de conformidade co que dispoñan as RPT, nin o persoal regulado pola Lei 17/89, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma.

I.3. Están obrigados a participar neste concurso os funcionarios da Administración da Xunta de Galicia que estean en situación de destino provisional nela e reúnan os requisitos esixibles na presente convocatoria e anexos correspondentes, debendo solicitar tódolos postos de traballo ós que poidan acceder, todo iso de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril. No suposto

de incumprimento do anterior serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

I.4. Poderán solicitarse por orde de preferencia as vacantes que se inclúen no anexo I desta orde, sempre que se reúnan as condicións esixidas nel.

Os erros manifestos que puidesen advertirse poderán ser emendados de oficio ou por petición da parte interesada e serán apreciados libremente por parte da comisión de valoración á que se fai referencia na base VI.

I.5. Así mesmo, os funcionarios que o desexen poderán solicita-los postos que resulten vacantes a consecuencia da resolución deste concurso, especificando a súa preferencia de acordo cos seguintes datos:

-Localidade (só poderá solicitarse unha única localidade).

-Consellería (por orde de preferencia).

-Nivel do posto de traballo ó que se opte (especificando o nivel mínimo que se solicita). Os postos resultantes adxudicaranse de acordo coas puntuacións obtidas de conformidade co baremo que rexe neste concurso.

I.6. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

II. Valoración de méritos.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

II.1. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo.

Os méritos específicos que se expresan para cada posto de traballo no anexo I a esta orde valoraranse da seguinte forma:

a) Por posui-la titulación que especificamente se menciona no citado anexo I: 1,5 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses da experiencia que se menciona no citado anexo I: 0,30 puntos. Para estes efectos, os servicios prestados en comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

c) Por posuí-los coñecementos que se mencionan no citado anexo I, acreditados mediante cursos: 0,10 puntos por curso.

No caso de non especificarse o curso en concreto no anexo I, só se terán en conta aqueles organizados e impartidos directamente polos organismos ós que fai referencia a base II.4

A puntuación dos puntos b) e c) non poderá supera-lo máximo de 1,5 puntos.

Puntuación máxima deste apartado: 3 puntos.

II.2. Grao persoal consolidado.

Polo nivel 10 de grao consolidado: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste apartado: 4 puntos.

Nos supostos en que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal ou este sexa inferior a 10 computarase, para os efectos de puntuación no presente apartado, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo do corpo ou da escala á que pertenza o funcionario.

II.3. Valoración do traballo desenvolvido.

A valoración do traballo desenvolvido efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

Só se computarán os traballos desenvolvidos nos últimos cinco anos como funcionario de carreira nos distintos grupos.

A valoración efectuarase da seguinte forma:

a) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,60 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado ata dous niveis: 0,40 puntos

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ó desempeñado: 0,20 puntos.

d) Por permanecer no mesmo posto os últimos 5 anos: 0,15 puntos por cada ano ou fracción superior a 6 meses.

Exclúense desta puntuación, de se-lo caso, aqueles anos que correspondan ós dous de permanencia obrigatoria tras obte-la praza de que se trate por concurso.

Para os efectos anteriores, os servicios prestados na situación de comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

Puntuación máxima deste punto: 3,75 puntos.

II.4. Cursos de formación e perfeccionamento.

Por cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, INAP, escolas oficiais de formación das restantes comunidades autónomas, universidade e INEM, así como os cursos informados favorablemente pola EGAP ou homologados por esta ou polo INAP, todos eles relacionados coas funcións propias do posto ó que se opte.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Por cada curso de aproveitamento igual ou superior a 40 horas lectivas: 0,40 puntos.

b) Por cada curso de aproveitamento inferior a 40 horas: 0,25 puntos.

c) Por cada curso con diploma de asistencia: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste punto: 3 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á asistencia a xornadas, seminarios, simposios e similares.

Non se puntuarán os cursos que xa foron valorados noutro punto do baremo.

II.5. Grao de coñecemento do idioma galego.

Iniciación ó galego: 1 punto.

Perfeccionamento de galego: 2 puntos.

Linguaxe administrativa (nivel medio), nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega, os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, ós cursos, estudios ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

II.6. Antigüidade.

Servicios prestados nas administracións públicas:

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de servicios como funcionario de carreira: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste punto: 4,5 puntos.

Para estes efectos computaranse os recoñecidos polo órgano competente que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario.

II.7. Polo grupo ó que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos.

Por pertencer ó grupo A: 5 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 4 puntos.

Por pertencer ó grupo C: 3 puntos.

Por pertencer ó grupo D: 2 puntos.

Por pertencer ó grupo E: 1 puntos.

II.8. Titulacións académicas.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,20 puntos.

-Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,40 puntos.

-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 0,60 puntos.

-Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 0,80 puntos.

-Título de doutor: 1 punto.

Valoraranse as titulacións académicas distintas ás requiridas para o acceso ó corpo desde o que se concurse, agás que sirvan de base para obte-la titulación superior que se invoque, valorándose neste caso só esta última.

Non se terán en conta as titulacións que serviran de base para a obtención dunha superior.

Non se valorarán as titulacións que se tiveran en conta na base II.1.a).

Puntuación máxima deste punto: 3 puntos.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as establecidas polo Ministerio de Educación e Ciencia con carácter xeral e válidas para tódolos efectos (debendo citar a continuación a disposición na que se establece a equivalencia e o BOE no que se publica).

II.9. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nos diferentes puntos desta base.

Tódolos méritos recollidos nesta base computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

De persisti-lo empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 23 de febreiro de 1999 (DOG nº 43, do 3 de marzo). En último lugar solventaríase por sorteo entre os implicados.

III. Documentación.

III.1. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

III.2. Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se xuntará coa instancia que se presente, segundo o modelo que figura como anexo III, debendo xuntarlle á dita certificación, ó funcionario competente que certifique, as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e se presentarán cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se valorarán aqueles méritos que para a/as comisión/s non estivesen suficiente

mente acreditados. Estas certificacións serán expedidas polas unidades seguintes, de acordo co destino de cada funcionario.

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos: secretarios, ou se é o caso, funcionario responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

IV. Solicitudes.

IV.1. As solicitudes para tomar parte neste concurso dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta orde, debendo presentarse a partir do día seguinte ó da finalización da publicación da convocatoria e dos seus anexos no DOG, ata o 20 de xaneiro do ano 2000, nos rexistros xerais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no art. 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.2. Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar, no caso de que lles fora adxudicado algún dos postos solicitados, a adaptación de medios materiais para o desempeño do dito posto, e a comisión de valoración poderá reclamarlle ó interesado, mediante entrevista, a información que considere precisa para a adaptación aducida, e igualmente, se é o caso, de consideralo oportuno, o dictame correspondente.

IV.3. Se por razóns de convivencia familiar, estiveran interesados nas vacantes que se anuncian para este concurso para unha mesma localidade dous funcionarios, se reúnen os requisitos esixidos, aínda que pertenzan a distintos corpos ou escalas, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma localidade, entendéndose en caso contrario anulada a petición efectuada por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia e xuntar unha fotocopia da petición do outro funcionario.

IV.4. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, non poderá renunciarse ás solicitudes formuladas e estas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, tanto no que se refire á base I.4 como á I.5, salvo que se obteña outro destino mediante convocatoria pública antes de remata-lo prazo de toma de posesión.

V. Lista de admitidos e excluídos.

V.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos con indicación do lugar no que se atopan expostas.

V.2. Os excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

VI. Comisión de valoración.

VI.1. A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada polas comisións de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna coa composición establecida nel. Estas comisións terán a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, e serán nomeadas polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

VI.2. Poderá nomearse máis dunha comisión de valoración cando iso fose necesario polo número de solicitantes.

Neste suposto corresponderalle á comisión de valoración número un resolver cantas consultas, interpretacións, criterios de valoración e de unificación poidan presentarse nas comisións sobre as normas que rexen o concurso, así como a coordinación das restantes comisións e recibi-los expedientes destas relativos ás correspondentes valoracións do concurso, e eleva-la proposta para a adxudicación da totalidade das prazas.

VI.3. A/as comisión/s poderán dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores, para aquelas tarefas que o requirisen. A proposta de designación destes faraa a comisión número un, procedendo o órgano convocante ó seu nomeamento.

VI.4. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá en todo caso sobre o concursante que obtivera maior puntuación conforme ó baremo establecido na base II, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base II.8.

VI.5. Unha vez efectuada a proposta provisional da comisión de valoración para a adxudicación dos destinos, farase pública no DOG mediante unha reso

lución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública. Os concursantes poderán formula-las oportunas reclamacións, se é o caso, contra a dita proposta ante esta dirección xeral no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación, que se presentarán no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería, ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VI.6. Examinadas e resoltas polas comisión/s as reclamacións, se é o caso presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución do concurso, que será resolta por unha orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG e na que figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das reclamacións entenderanse implícitas na citada orde.

VII. Adxudicación de destinos.

VII.1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a lle comunicar por escrito nos 3 días seguintes a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública.

VII.2. Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia, non xerarán dereito á indemnización.

VIII. Toma de posesión.

VIII.1. A toma de posesión en tódolos postos adxudicados como consecuencia da realización deste concurso efectuarase a partir da data que se faga constar na orde de resolución deste, desde a que se iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no art. 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

IX. Recursos.

Contra esta orde, que pon fin á via administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería , no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido no artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Listaxe de códigos de concellos

(1) Concellos codificados. A relación de códigos atópase a continuación:

Código Concello Provincia

15001A Coruña(A Coruña)
15010Abegondo(A Coruña)
15020Ames(A Coruña)
15050Arteixo(A Coruña)
15060Arzúa(A Coruña)
15080Bergondo(A Coruña)
15090Betanzos(A Coruña)
15110Boiro(A Coruña)
15170Cambre(A Coruña)
15190Carballo(A Coruña)
15230Cee(A Coruña)
15310Curtis(A Coruña)
15340Fene(A Coruña)
15350Ferrol(A Coruña)
15400Laracha(A Coruña)
15420Malpica de Bergantiños(A Coruña)
15450Melide(A Coruña)
15510Muxía(A Coruña)
15530Narón(A Coruña)
15560Noia(A Coruña)
15580Ordes(A Coruña)
15600Ortigueira(A Coruña)
15614Cariño(A Coruña)
15640Padrón(A Coruña)
15660A Pobra do Caramiñal(A Coruña)
15670Ponteceso(A Coruña)
15680Pontedeume(A Coruña)
15690As Pontes(A Coruña)
15700Porto do Son(A Coruña)
15720Ribeira(A Coruña)
15760Santa Comba(A Coruña)
15770Santiago de Compostela(A Coruña)

Código Concello Provincia

15810Teo(A Coruña)
15910Vimianzo(A Coruña)
15920Zas(A Coruña)
27001Lugo(Lugo)
27020Alfoz(Lugo)
27060Becerreá(Lugo)
27085Burela(Lugo)
27100Castro de Rei(Lugo)
27130Cervo(Lugo)
27160Chantada(Lugo)
27180A Fonsagrada(Lugo)
27190Foz(Lugo)
27200Friol(Lugo)
27250Xove(Lugo)
27280Meira(Lugo)
27290Mondoñedo(Lugo)
27300Monforte de Lemos(Lugo)
27310Monterroso(Lugo)
27470A Pontenova(Lugo)
27490Quiroga(Lugo)
27500Ribadeo(Lugo)
27550Rábade(Lugo)
27590Taboada(Lugo)
27640Vilalba(Lugo)
27650Viveiro(Lugo)
28001Madrid(Madrid)
32001Ourense(Ourense)
32010Allariz(Ourense)
32090O Barco de Valdeorras(Ourense)
32190O Carballiño(Ourense)
32230Castro Caldelas(Ourense)
32240Celanova(Ourense)
32320Xinzo de Limia(Ourense)
32430Maceda(Ourense)
32620A Pobra de Trives(Ourense)
32700A Rúa(Ourense)
32840Verín(Ourense)

Código Concello Provincia

32850Viana do Bolo(Ourense)
32860Vilamarín(Ourense)
36001Pontevedra(Pontevedra)
36030Baiona(Pontevedra)
36040Bueu(Pontevedra)
36050Caldas de Reis(Pontevedra)
36060Cambados(Pontevedra)
36080Cangas(Pontevedra)
36170A Estrada(Pontevedra)
36210Gondomar(Pontevedra)
36220O Grove(Pontevedra)
36235A Illa de Arousa(Pontevedra)
36240Lalín(Pontevedra)
36260Marín(Pontevedra)
36290Moaña(Pontevedra)
36340As Neves(Pontevedra)

Código Concello Provincia

36380O Porriño(Pontevedra)
36400Poio(Pontevedra)
36440Redondela(Pontevedra)
36500Sanxenxo(Pontevedra)
36510Silleda(Pontevedra)
36530Tomiño(Pontevedra)
36560Vigo(Pontevedra)
36590Vilagarcía de Arousa(Pontevedra)
36600Vilanova de Arousa(Pontevedra)

(2) Xornada partida.

(3) Localiado no I.B. A Sardiñeira (A Coruña).

(4) Xornada especial.

(5) Xornada de tarde.