Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-888/1998 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente 15-888/1998, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10-A 2º, Edif. Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación; tamén poderá interpoñer calquera outro que considere pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Com

postela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días 16 e o derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-888/1998.

Inculpado: Galaica Gas, S.L.

Enderezo: Hórreo 15-17 baixo, Santiago de Compostela.

Sanción e motivos: (100.000 ptas.), obstrucción ó labor inspector.

Data da resolución: 5-10-1999.

A Coruña, 2 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto

Galego de Consumo