Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso aberto para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa. (Expediente 13-08-99-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave 13-08-99-C-01.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa.

b) Lugar da concesión: illa da Toxa (O Grove-Pontevedra).

c) Prazo da concesión: trinta (30) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: o 2 por 100 do orzamento total das obras do proxecto presentado na oferta.

Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de bases.

c) Lugar da presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia