Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1999 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 31-5-1999.

Obxecto: construcción dunha nave para estaleiro.

Porto: Rianxo.

Adxudicatario: estaleiros Os Morechos.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 24-8-1999.

Obxecto: construcción dun centro de saúde.

Porto: Portosín.

Adxudicatario: Concello de Porto do Son.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 3-11-1999.

Obxecto: construcción dunha planta de coxeración.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Puerto de Celeiro, S.A.

Prazo: ata o 18 de xuño do 2027.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo á elección do interesado, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia