Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da adquisición dunha encadernadora con destino ó departamento de reprografía.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Número de expediente: 21/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dunha encadernadora con destino Ó departamento de reprografía do CIXTEC.

b) Lugar de entrega: nas dependencias do CIXTEC, sitas na rúa Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela.

c) Prazo de entrega: 15 días desde o outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: once millóns trescentas mil pesetas (11.300.000 ptas.) IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: dUascentas vinteseis mil pesetas (226.000 ptas.).

Definitiva: catrocentas cincuenta e dúas mil pesetas (452.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 13 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director Xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable