Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de restauración do espacio natural degradado para recheo de entulleira en Abegondo, situado no concello de Abegondo (provincia da Coruña) e promovido por Segasa, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días,

o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de restauración do espacio natural degradado para recheo de entulleira en Abegondo (A Coruña) e promovido por Segasa, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase, a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello de Abegondo.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contando a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental