Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobados inicialmente polo Pleno desta Corporación, en sesión realizada con data do 11 de novembro de 1999, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso para adxudicar mediante concesión a xestión indirecta do servicio de cafetería do Centro Polivalente de Usos Marítimos e Terrestres de Escarabote, en cumprimento do disposto no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, sométese o expediente a información pública polo prazo de 8 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP para os efectos de presentación de reclamacións.

Do mesmo xeito, a Comisión de Goberno en sesión realizada con data do 15 de novembro de 1999 acordou inicia-lo expediente de licitación con tramitación urxente para a adxudicación da concesión do servicio de cafetería antes citado, coa salvidade disposta no artigo 122.2º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, de que no caso de que se formulen reclamacións contra a aprobación inicial dos devanditos pregos será aprazada esta licitación.

O prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá esta contratación de xeito resumido establece o seguinte:

1. Obxecto do contrato: a xestión e explotación do servicio de cafetería do Centro Polivalente de Usos Marítimos e Terrestres de Escarabote.

2. Prazo do contrato: un (1) ano, prorrogable por iguais períodos ata un máximo de dez (10) anos.

3. Canon da concesión: non se fixa canon anual que percibirá o concello, debendo ser proposto polos licitadores nas súas ofertas.

4. Garantía provisional: 25.000 ptas.

5. Garantía definitiva: 250.000 ptas.

6. Presentación de proposicións: no prazo de trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13 horas.

7. Apertura de proposicións: na casa do concello o quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidira en sábado farase o seguinte día hábil.

8. Gastos do contrato: serán por conta do adxudicatario.

9. O prego de cláusulas administrativas particulares está a disposición dos interesados nas oficinas do concello.

Boiro, 19 de novembro de 1999.

Jesús Alonso

Alcalde