Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.921

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CORENTA E CINCO DE MADRID

EDICTO (686/1998).

Margarita Hidalgo Bilbao, secretaria titular do Xulgado de Primeira Instancia número corenta e cinco de Madrid, por medio do presente edicto fai saber que neste xulgado e nos autos de xuízo declarativo de menor contía, rexistrados baixo o nº 686/1998, por instancia de Alicia Oliva Collar, en nome e representación de Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación de Crédito, S.A., contra Aislamientos, Construcción, Industria, S.L., sobre resolución de contrato de arrendamento, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Madrid o vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Luis Carlos Pelluz Robles, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número corenta e cinco dos de Madrid, os presentes autos de declarativo de menor contía, rexistrados baixo o nº 686/1998, e instados pola procuradora dos tribunais Alicia Oliva Collar, en nome e representación de Pastor Servicios Financieros, Entidad e Financiación de Crédito, S.A., contra Aislamientos, Construcción, Industria, S.L.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada pola procuradora dos tribunais Alicia Oliva Collar, en representación de Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación de Crédito, S.A., declaro resolto o contrato de arrendamento subscrito o 21-5-1995, entre a demandante e a demandada Aislamientos, Construcción, Industria, S.L., condenando a esta a devolverlle á demandante a carreta elevadora Toyota, obxecto do contrato, ó pagamento á demandante da cantidade de 544.975 pesetas mailos xuros pactados e as custas deste xuízo.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto, que servirá de notificación persoal de sentencia ó demandado, Aislamientos, Construcción, Industria, S.L., en Madrid o once de outubro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado