Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro), artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).
Esta secretaría xeral resolverán sina-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que han de ser elixidos por este procedemento, para o día 1 de decembro de 1999, ás dez horas, realizándose este polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades en sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.
Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).
Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.
Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:
-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.
-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.
-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.
As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 26 de novembro de 1999, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).
Nos concursos nos que existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que aterse ó previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
O que lle comunico a vostede para o seu coñecemento e efectos.
Madrid, 4 de novembro de 1999.
Vicente Ortega Castro
Secretario xeral do Consello de Universidades
Vicesecretaria Xeral do Consello de Universidades
ANEXO
Concursos convocados por resolución da universidade do 5-6-1998 e BOE do 29-6-1998.
Nº sorteo: 39173.
Concurso nº: 43.
Corpo: catedráticos de universidade.
Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.
Presidente titular: Miguel Ángel Lagunas y Hernández.
Vocal secretario titular: Aníbal Ramón Figueiras Vidal.
Concursos convocados por resolución da universidade do 30-7-1999 e BOE do 25-8-1999.
Nº sorteo: 39174.
Concurso nº: 21.
Corpo: catedráticos de universidade.
Área de coñecemento: enxeñería mecánica.
Presidente titular: Emilio Bautista Paz.
Vocal secretario titular: José Luis Ocaña Moreno.
Nº sorteo: 39175.
Concurso nº: 22.
Corpo: catedráticos de universidade.
Área de coñecemento: química orgánica.
Presidente titular: Antonio Mouriño Mosquera.
Vocal secretario titular: Ricardo Jesús Riguera Vega.
Nº sorteo: 39176.
Concurso nº: 23.
Corpo: catedráticos de universidade.
Área de coñecemento: construccións navais.
Presidente titular: Francisco Javier Moral Hernández.
Vocal secretario titular: Ramón de Vicente Vázquez.
Nº sorteo: 39177.
Concurso nº: 24.
Corpo: catedráticos de universidade.
Área de coñecemento: matemática aplicada.
Presidente titular: Manuel Casteleiro Maldonado.
Vocal secretario titular: José Durany Castrillo.
Nº sorteo: 39178.
Concurso nº: 29.
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: enxeñería do terreo.
Presidente titular: Francisco Javier Samper Calvete.
Vocal secretario titular: Jerónimo Puertas Agudo.
Nº sorteo: 39179.
Concurso nº: 30.
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: enxeñería telemática.
Presidente titular: Jesús Ángel Viña Castiñeiras.
Vocal secretario titular: Antonio Alabau Muñoz.
Nº sorteo: 39180.
Concurso nº: 31.
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: enxeñería telemática.
Presidente titular: Jesús Ángel Viña Castiñeiras.
Vocal secretario titular: Mercedes Garijo Ayestaran.
Nº sorteo: 39181.
Concurso nº: 32.
Corpo: profesores titulares de universidade.
Área de coñecemento: economía aplicada.
Presidente titular: Luis Pedro Pedreira Andrade.
Vocal secretario titular: Fernando Rey Míguez.
Nº sorteo: 39182.
Concurso nº: 25.
Corpo: catedráticos de escola universitaria.
Área de coñecemento: radioloxía e medicina física.
Presidente titular: Jorge Teijeiro Vidal.
Vocal secretario titular: Rosa María Meijide Faílde.
Nº sorteo: 39183.
Concurso nº: 26.
Corpo: catedráticos de escola universitaria.
Área de coñecemento: construccións navais.
Presidente titular: Ramón de Vicente Vázquez.
Vocal secretario titular: José María de Juan-García Aguado.
Nº sorteo: 39184.
Concurso nº: 27.
Corpo: catedráticos de escola universitaria.
Área de coñecemento: física aplicada.
Presidente titular: Eulogio Jiménez Cuesta.
Vocal secretario titular: Luis Fernando Barral Losada.
Nº sorteo: 39185.
Concurso nº: 33.
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.
Presidente titular: M. del Milagro Rey Hombre.
Vocal secretario titular: José Fernández Salas.
Nº sorteo: 39186.
Concurso nº: 34.
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: literatura española.
Presidente titular: M. Carmen Parrilla García.
Vocal secretario titular: María Cleofe Tato García.
Nº sorteo: 39187.
Concurso nº: 35.
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: proxectos arquitectónicos.
Presidente titular: César Portela Fernández-Jardón.
Vocal secretario titular: M. Pilar Cos Riera.
Nº sorteo: 39188.
Concurso nº: 36.
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: proxectos arquitectónicos.
Presidente titular: Rafael Ramón Baltar Tojo.
Vocal secretario titular: M. Pilar Cos Riera.
Nº sorteo: 39189.
Concurso nº: 37.
Corpo: profesores titulares de escola universitaria.
Área de coñecemento: proxectos arquitectónicos.
Presidente titular: Rafael Ramón Baltar Tojo.
Vocal secretario titular: M. Pilar Cos Riera.