Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.922

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (425/1997-J).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fago saber que neste xulgado se segue xuízo de faltas 425/1997 por imprudencia de tráfico, feito ocorrido o 4 de novembro de 1997 en Rois, no que aparecen como denunciantes Javier Lodeiro Eniceto e Dolores Corzón Lista; como denunciado Miguel López García; Técnicas Constructivas de Ocio de Galicia, S.L., como responsable civil subsidiario, e a compañía de seguros Multinacional Aseguradora como responsable civil directo.

E por resultar descoñecido o domicilio do denunciado, Miguel López García, expídese este edicto co fin de que lle sirva como citación en forma para o xuízo sinalado para o vindeiro día 15 de decembro de 1999 ás 10 horas.

Dado en Padrón, 28 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado