Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.922

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (184/1999).

Nos autos da referencia dictouse resolución do teor literal seguinte:

«O precedente escrito únase ós autos da súa referencia e, como se pide, emprácese a demandada, Obras, Tendidos y Caminos, S.A. (Oteca), por medio de cédula que se insire no BOP e fíxese no taboleiro de anuncios deste xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada, Obras, Tendidos y Caminos, S.A. (Oteca), emprázase por medio desta cédula, co fin de que dentro do termo de dez días compareza nos ditos autos, en forma por medio de avogado que a defenda e procurador que a represente, baixo apercibimento de darlle por precluído o trámite de contestación á demanda, ser declarada en rebeldía e recaer sobre ela os demais prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

Dada en Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

O/a secretario/a

Rubricado