Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de novembro de 1999 pola que se clasifica como de interese asistencial a Fundación Remanso.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Remanso, con domicilio en Tabernas, 14-1º C, 15001 A Coruña.

Supostos de feito.

1. Carmen Rodríguez-Losada Trulock, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 29 de outubro de 1999, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o día 6 de outubro de 1999, ante o notario Pablo Valencia Ces, baixo o número 2725 de protocolo, por Pilar Vázquez Añón, Jesusa Ares Nieto, María del Rosario Patiño Mera e Carmen Rodríguez-Losada Trulock, que interveñen no seu propio nome e dereito e, ademais, Carmen Rodríguez-Losada Trulock en nome e representación de Mª del Carmen de la Iglesia Illanes.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é acolle-las persoas maiores que non poidan vivir soas.

4. O padroado da fundación estará constituído por Carmen Rodríguez-Losada Trulock como presidenta, María del Rosario Patiño Mera como secretaria, Mª del Carmen de la Iglesia Illanes como tesoureira, Pilar Vázquez Añón e Jesusa Ares Nieto como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese asistencial da Fundación Remanso, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese asistencial e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de

autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 9 de novembro de 1999.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese asistencial a Fundación Remanso e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública