Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de novembro de 1999 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Pedras Vivas.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Pedras Vivas, con domicilio en Vigo, rúa Feliciano Rolán, 8.

Supostos de feito.

1. Antonio Vidal Andión, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 16 de xullo de 1999, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública, outorgada en Vigo o día 12 de abril de 1999, ante o notario José Antonio Rodríguez González, baixo o número 1.010 de protocolo, por Alfonso Zulueta de Haz, Luis Espada Recarey, Antonio Romero Lorenzo, Alfonso Román Quintela, Francisco-José Castro Nieto, Alberto Cuevas Fernández, Antonio Hernández Matías, Juán Andión Marán, Marta Cendón Fernández e Antonio Vidal Andión, que interveñen no seu propio nome e dereito, o último, ademais, en representación de José Carlos Pereira Lamelas e de Rafael Fontoira Surís.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é estudiar, investigar, dar a coñecer, recuperar, custodiar, mellorar e facer medra-lo patrimonio histórico, artístico e cultural da Diócese de Tui-Vigo.

4. O padroado da fundación estará constituído por Alfonso Zulueta de Haz como presidente, Luis Espada Recarey como vicepresidente, José Carlos Pereira Lamelas como secretario, Antonio Romero Lorenzo, Alfonso Román Quintela, Francisco-José Castro Nieto, Alberto Cuevas Fernández, Antonio Hernández Matías, Juán Andión Marán, Marta Cendón Fernández, Antonio Vidal Andión, Rafael Fontoira Surís como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Pedras Vivas, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 9 de novembro de 1999.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Pedras Vivas e adscribila á Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública