Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ESGOS

EDICTO.

De acordo co establecido na disposición adicional terceira e no artigo 75 da Lei do 24 de marzo, do solo de Galicia, e o artigo 36 das normas complementarias e subsidiarias da provincia de Ourense, o Pleno do Concello, en sesión do 4-10-1999, acordou aprobar provisionalmente o expediente de preexistencia do núcleo rural de Folgoso.

Ó mesmo tempo exponse ó público o expediente de reposición de legalidade da obra de reforma de Ramón Rivero González polo prazo dun mes para efectos de reclamacións.

Esgos, 29 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado