Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria e urxente do 12 de novembro de 1999, acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto con mellora, sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, con procedeento de urxencia das obras que se sinalarán, expoñéndose ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que terá que rexer na con

tratación referida; pode ser obxecto de exame e reclamacións neste concello durante o prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP o contrato coas características que se sinalan seguidamente:

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: Casa do Concello de Burela.

2. Tipo de licitación: 201.000.000 de ptas.

3. Partida: 121.622.000 ptas.

4. Prazo de execución: 26 meses.

5. Clasificación do contratista: grupo C, categoría E.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (rúa Pardo Bazán nº 6, en Burela).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Fianza provisional: 4.020.000 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios e subvención da Xunta de Galicia en financiamento plurianual.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 15 de novembro de 1999.

P.D. (Resolución da alcaldía 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente de alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Modelo de proposición

D/Dª... con domicilio na rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... con DNI ou CIF nº... e con domicilio en... teléfono...) toma parte no concurso, con procedemento aberto con mellora, sobre proposta da Administración para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto da Casa do Concello de Burela, e para tales efectos fai constar.

1) Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de concidións deste contrato.

4) Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta prestada pola Administración que se sinalan..., que se compromete á realización de unidades de obra adicional, que determinará a Administración por un importe total de... (en letra e número de ptas.) valoradas ós prezos unitarios que figuran no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

4) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o de... de 19...

O licitador (asinado e rubricado

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación das obras de

.....................................................................

presentada por:

.....................................................................

En... o... de... de 19...

O licitador (asinado e rubricado)