Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 17 de novembro de 1999, aprobou inicialmente o prego de condicións económico-administrativas que rexerán o alleamento, mediante concurso, do inmoble sito na Ronda da Muralla, nº 142, que ocupaba o parque de bombeiros e o parque móbil municipal, sendo o anuncio de licitación como segue:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o alleamento do inmoble sito na Ronda da Muralla, nº 142, desta cidade.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 149.407.148 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2.988.143 pesetas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, nº 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os que se sinalan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural posterior ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, nº 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o seguinte día hábil, (excepto sábado) posterior ó do prazo de finalización de proposicións. O dito prazo será ampliado como máximo ata o décimo primeiro día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 17 de novembro de 1999.

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado de Área

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria