Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (62/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data 28 de octubre de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar incialmente, por instancia de Manuel Barja Bande, en representación de Promociones Campus, S.C., o proxecto de urbanización da parcela entre Campus Universitario (Canella Costa da Vela), rúa Otero Pedrayo e rúa Torres do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de 36.783.287 pesetas, trinta e seis millóns setecentas oitenta e tres mil duascentas oitenta e sete pesetas para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 5 de novembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde