Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión do 30-8-1999, aprobou definitivamente a modificación puntual nº 2 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Pazos de Borbén.

O que se fai público, de acordo co disposto no artigo 48, da Lei 1/1999, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, conforme establece o artigo 116, da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó desta publicación.

Contra a resolución do recurso de reposición, que se fará no prazo dun mes, poderase intepoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso, nos dous meses seguintes á data da notificación, se a resolución fose expresa, e de seis meses desde a interposición do recurso, se esta fose presunta.

Poderase utilizar, non obstante, calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pazos de Borbén, 26 de outubro de 1999.

Andrés Iglesias Rodríguez

Alcalde